23.8 C
Pontevedra
Luns, 25 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPontebike Team, no Campionato de España de Enduro

    Pontebike Team, no Campionato de España de Enduro

    O Club de Enduro/Dh de Ponteareas, Pontebike Team, participará no Campionato de España de Enduro, que se celebrará en Mugardos, A Coruña. O Club desprazarase ata a localidade Coruñesa para participar con 8 dos seus corredores nesta importante cita.

    Ismael Romero (Sub23) e Marcos Estévez (Junior) participarán representando á Selección Galega de Enduro e, ámbolos dous, esperan “dar o mellor de si e deixar Galicia no caixón do pódium”.

    Outros dos corredores do conxunto Pontareano, xa se atopan preparando distintas probas de nivel, como son o Campionato Galego de Enduro, a 2ª proba do Open de España de Descenso en Burgos ou a 1º do Open de España de Enduro en Castejón de Sos.

    O Club ponteareán atópase tamén a pleno rendemento organizando o Campionato Galego de Descenso que terá lugar en Ponteareas o próximo mes de xullo.

    Se es amante do Enduro, Dh ou Xco, non dubides en contactar co Pontebike Team para Federarte na próxima tempada no correo electrónico pontebiketeam@gmail.com ou no teléfono 653 461 257.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS