Domingo, 13 Xullo de 2025

O Condado

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo convoca a asamblea xeral ordinaria

próximo domingo 13 de marzo, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo celebra a súa anual Asemblea Xeral Ordinaria no auditorio do Centro Cultural da parroquia ás 11:00h, con segunda convocatoria ás 11:30h.

Ponteareas continúa apostando pola promoción empresarial e o emprendemento a través da oficina de SmartPeme

Ponteareas continúa coa súa aposta pola promoción empresarial e o emprendemento. Concello e Deputación de Pontevedra renovaron o convenio de colaboración para realizar actividades a través da oficina de Ponteareas da rede SmartPeme, situada no Centro de Desenvolvemento Local.

Ponteareas adianta a súa Semana das Ciencias

O Concello de Ponteareas organiza unha nova edición da súa Semana das Ciencias, coa que se busca brindar ao público a oportunidade de coñecer da man de expertas e expertos universitarios os misterios da ciencia.

Comeza o proxecto “Salvaterra en Marcha”

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración co Clube de Montaña Airiños e dentro do proxecto “Salvaterra en Marcha” convoca a súa primeira saída á natureza o DOMINGO 27 de Marzo, totalmente de balde.

Ponteareas urxe á Xunta a decidir se acepta a colaboración municipal para a reforma da Estación de Autobuses

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, solicitou á Xunta de Galicia que decida se acepta a colaboración ofrecida polo Concello para remodelar o edificio da Estación de Autobuses.

As paradas de transporte escolar de Ponteareas contan con novas marquesiñas

Ponteareas xa conta con novas marquesiñas para sinalizar as diferentes paradas de transporte escolar da vila. O Concello procedeu á colocación destas instalacións e de mobiliario en diferentes puntos do municipio.

A Xunta destaca o seu compromiso cos servizos educativos de Salvaterra de Miño

A Xunta de Galicia reforza as infraestruturas educativas no concello de Salvaterra de Miño cun investimento de preto de 1,4M€ en dous anos no colexio Felipe de Borbón e no instituto de Salvaterra.

Ponteareas continúa dándolle pulo á administración electrónica

O Concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra veñen de ampliar o convenio de colaboración para a posta en marcha e mantemento da Plataforma de Administración Electrónica.

O CN Ponteareas salienta no Campionato de España de natación

Do 3 ao 6 de marzo a cidade de Pontevedra acolleu o campionato de España de natación na categoría máster.

Alcaldes do Condado-Paradanta urxen á Xunta unha reunión para tratar a situación da Atención Primaria na comarca

As alcaldesas e alcaldes do Condado-Paradanta solicitan á Xunta manter unha reunión urxente para buscar solucións ante a situación que está a atravesar a Atención Primaria na comarca, onde a falta de persoal sanitario provoca un progresivo deterioro da atención sanitaria nos centros de saúde da contorna e, especialmente, en Ponteareas, onde radica o PAC de referencia de todo o territorio.

O Concello avanza para poñer o Centro Cívico de Ponteareas a disposición da veciñanza

O Concello continúa avanzando para poñer a disposición da veciñanza o Centro Cívico de Ponteareas. A iniciativa, que xa conta co proxecto básico e a autorización de Patrimonio Cultural, atópase agora en proceso de licitación da redacción do proxecto de execución, da elaboración de informes de eficiencia enerxética (IEE) e da dirección da obra do edificio situado na Praza Maior.

A Xunta concede axudas ás principais adegas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de conceder 466.000 euros ás principais adegas das comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño ao abeiro da orde de axudas para reestruturación e conversión do viñedo.