Xoves, 17 Xullo de 2025

O Condado

O Centro Integrado da Granxa de Ponteareas acolle a campaña do Issga sobre o seguro do tractor

A Consellería de Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), está a desenvolver actividades formativas en centros de Formación Profesional das catro provincias galegas para concienciar sobre o uso seguro do tractor.

A Deputación inaugura a musealización do Castelo de Sobroso

De “día histórico” cualificou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, este luns no que se vén de inaugurar a musealización do Castelo de Sobroso, posible “grazas ao extraordinario traballo e enorme esforzo de dúas institucións, concello de Ponteareas e Deputación, que traballamos colaborativamente, sumando ideas, para que isto fose realidade”.

Aberta a convocatoria de novas probas para obter os certificados de lingua galega Celga

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas informa da convocatoria de novas probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

“VIDA”, o segundo quebracabezas rematado e exposto no parque da Canuda

A veciña da parroquia de Leirado, Mónica Cabaleiro Álvarez, volve a abraiarnos de novo co seu último traballo. “VIDA”, así se chama este quebracabezas de 24.000 pezas que esta salvaterrense rematou no mes de decembro.

Alumnado do IES Val do Tea súbese ao escenario para a lectura dramatizada de ‘Invisibles’

O alumnado do IES Val do Tea dá un paso máis no seu traballo a prol da igualdade subíndose a un escenario. Organizado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Ponteareas e polo Equipo de Igualdade do centro educativo, os rapaces e rapazas protagonizarán este mércores 6 de abril a lectura dramatizada de relatos do libro ‘Invisibles’, de Montse Fajardo.

Así serán as actividades da Feira do Requeixo e Mel das Neves

Este 2022, logo de dous anos sen celebrarse, As Neves recupera o ‘formato habitual’ da feira e organiza diferentes actos ao longo dos días previos.

Ponteareas, sede do Campionato Galego Xuvenil de Hóckey sobre patíns

Ponteareas convértese esta fin de semana en sede do Campionato Galego Xuvenil de Hóckey sobre patíns, unha final a catro que permitirá ás e aos ponteareáns gozar de catro interesantísimos encontros este 2 e 3 de abril no pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino.

Ponteareas e FEGADACE colaboran na prevención do dano cerebral adquirido

O Concello de Ponteareas e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) colaboran para sensibilizar á veciñanza sobre o dano cerebral adquirido, unha discapacidade resultante dunha lesión no cerebro causada, na maioría dos casos, por un ictus ou un traumatismo cranioencefálico e que só en Galicia afecta a unhas 35.000 persoas.

O Castelo de Sobroso, listo para estrea da musealización

O Castelo de Sobroso estreará este vindeiro luns, día 4, a súa innovadora musealización cunha coidada posta en escena para recrear a historia desta fortaleza e da súa contorna.

Fatma Galia Ali elixida nas Neves a primeira muller presidenta da Liga de Xornalistas Saharauís

A activista polos dereitos humanos e comunicadora Fatma Galia Ali é a nova presidenta da Liga de Xornalistas e Escritores Saharauís para Europa. Fatma, escritora, conferenciante e unha das figuras máis activas da cultura e a sociedade saharahuí, foi elixida polos participantes na 5ª asamblea desta organización, reunida durante a pasada fin de semana nas Neves.

A Xunta leva a Ponteareas os contacontos ilustrados sobre galegas referentes

A Consellería de Emprego e Igualdade leva hoxe ao CEIP escultor Acuña de Vigo e ao CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera, de Ponteareas, dúas novas sesións de contacontos ilustrados que, baseadas no programa Donas de si, no que toman parte estes centros, revisarán as traxectorias da mestra e inventora Ángela Ruiz Robles e da escritora Rosalía de Castro.

A Festa do Requeixo e do Mel volta ás Neves

As Termas de Melgaço foron o lugar elixido para presentar o pasado venres a XXIX edición da Feira do Requeixo e do Mel, que terá lugar nas Neves os días 15 e 16 de abril.