Luns, 21 Xullo de 2025

O Condado

Búscanse promesas do deseño e interesadas na modelaxe para converter Ponteareas nunha gran pasarela

Os voluntarios municipais queren converter Ponteareas nunha gran pasarela para novas e novos creadores. Os participantes no programa Mocidade Viva, que procura promover un lecer saudable e alternativo entre rapazas maiores de 12 anos, buscan persoas interesadas en participar no primeiro desfile de moda organizado ao abeiro deste programa.

Parabéns á ponteareá Melania Rodríguez, ouro en dobre mini tramp nos Xogos Mundiais de Birmingham 2022

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quixo felicitar en nome de todo o Goberno local á ximnasta ponteareá Melania Rodríguez, que acaba de conseguir a medalla de ouro na categoría de dobre mini tramp nos Xogos Mundiais de Birmingham 2022.

O Castelo de Dona Urraca fai balance positivo despois de tres meses co novo horario

Castelo de Dona Urraca ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos.

Ponteareas pecha a súa sexta edición da Feira do Libro con éxito de público

A Feira do Libro de Ponteareas baixou este domingo o pano da súa sexta edición cun grande éxito de público, un alto número de participantes que deixou a un lado a intensa calor para gozar de catro días de intensa literatura na Praza Maior.

As Neves reivindica a súa historia cun novo libro sobre o seu pasado

O pasado venres foi un día de reivindicación da historia contemporánea e da memoria histórica do Concello das Neves. Así se puxo de manifesto no acto organizado polo departamento de Memoria Histórica da Deputación e o propio Concello para a presentación do libro ‘As Neves. Notas de historia contemporánea 1836/1956’ de Xosé Ramón Paz.

Ángel Stanich, cabeza de cartel do festival Rock in Río Tea 2022

O Rock in Río Tea volve este mes de xullo a Ponteareas coma sempre foi deseñado: sen cadeiras, sen distancias, sen límites e cun cartel inmellorable encabezado por Ángel Stanich.

Verán de deporte en Ponteareas

As Escolas Deportivas regresan un verán máis a Ponteareas cunha morea de propostas para que cativos e cativas a partir de 3 anos e mocidade gocen dunhas vacacións estivais activas.

A Festa dos Barrios e da Amizade de Vilar, nova festa gastronómica en Mondariz

A programación de actividades socioculturais deste verán en Mondariz revela un maior protagonismo das asociación e dos colectivos veciñais.

O programa ‘Coñece Ponteareas’ regresa este verán con seis novas rutas para poñer en valor o patrimonio da vila

O programa ‘Coñece Ponteareas’ volve este verán con seis novas visitas guiadas abertas a todo o público coas que se busca poñer en valor o patrimonio histórico, cultural e natural da vila.

Vinte persoas melloran a súa empregabilidade a través do obradoiro formativo dual ‘Coidar de Nós IV’

O Concello de Ponteareas segue a traballar por favorecer a inclusión no mundo laboral dos seus veciños.

A exposición “Galiza: un pobo, unha selección” chega a Mondariz

Este verán, a Praza de Abastos de Mondariz acolle a exposición itinerante "Galiza: un pobo, unha selección", que presenta a historia do deporte galego a través dunha serie de paneis informativos.

Lendo debuxos con Tarabelos o vindeiro 20 de xullo co programa ‘Ler Conta Moito’

Chega á biblioteca municipal de Ponteareas unha nova actividade para fomentar a lectura entre os máis pequenos e pequenas dun xeito divertido, lúdico e atractivo.