Luns, 21 Xullo de 2025

O Condado

Finalmente Mondariz celebrará a feira tradicional o vindeiro 14 de agosto

Xoán C. Montes Bugarín "Calis", portavoz de AporM, vén de censurar ao goberno local por intentar suspender a feira dominical do vindeiro día 14. O alcalde avisou o pasado xoves pola tarde, a través de WhatsApp, aos vendedores ambulantes que decidira anular a feira dese día por coincidir co primeiro día das festas patronais.

Volve o Cine na Rúa a Ponteareas este xoves ás 22.30 horas

O Cine na Rúa volve a Ponteareas e este xoves a vila do Tea vivirá unha xornada adicada á gran pantalla. O Concello proxectará ás 22.30 horas a película do galego Dani de La Torre, “Live is Life. La gran aventura” na praza Bugallal.

Comezan os preparativos para acoller a X edición do Festival Groba en Ponteareas

O Festival Groba celebra, dende este sábado, o seu décimo aniversario cunha programación acorde a esta data tan sinalada, cun gran número de intérpretes de recoñecemento internacional e innovadoras iniciativas formativas.

Grande éxito do V Festival Internacional de Teatro de Rúa en Ponteareas

As rúas e prazas de Ponteareas enchéronse de ledicia no Festival Internacional de Teatro de Rúa. O teatro, a música e o circo, ademais dos sorrisos do público, foron os protagonistas nas rúas ponteareás durante os catro días nos que se celebrou o festival que acaba de pechar a súa quinta edición.

Os accesos á Praza de Ponteareas estarán pechados ao tráfico rodado os vindeiros martes e mércores

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Tráfico e Seguridade que dirixe Nacho González, vén de poñer en coñecemento de toda a veciñanza que os vindeiros martes e mércores, 9 e 10 de agosto, procederase ao peche do tráfico rodado na contorna da Praza de Ponteareas.

Cultura24 volve esta fin de semana cun espectáculo de maxia e humor

O programa Cultura24 regresa esta fin de semana cunha programación de lecer aberta a todos os públicos e de balde coa que a Concellaría de Cultura dirixida por Fernando Groba quere “dinamizar as parroquias que compoñen o municipio ponteareán achegando actividades culturais de diversa índole a cada unha delas”.

O Concello lembra que as persoas con mobilidade reducida poden acceder en vehículo ás áreas peonís

Coincidindo co pintado e colocación de mobiliario urbano en numerosas rúas peonís do centro urbano de Ponteareas, o Concello lembra que as persoas con mobilidade reducida están autorizadas a acceder en vehículo a esas áreas, podendo parar en calquera lugar, o máis próximo ao seu destino.

O alcalde das Neves propón ao de Arbo a creación do parque forestal en San Fins

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, mantivo unha conversa telefónica co alcalde de Arbo, Horacio Gil, para reiterarlle o ofrecemento de colaboración de todos os medios co que conta o concello nevense para loitar contra o lume, intencionado, que dende o pasado sábado afecta a Arbo e que arrasou máis de 400 hectáreas.

A Feira de Oportunidades de verán de Ponteareas volve con máis forza que nunca

Volve a Feira de Oportunidades de verán a Ponteareas e faino con enerxías renovadas. Terá lugar o sábado 6 e o domingo 7 de agosto: dous días completos nos que o público asistente poderá desfrutar das mellores ofertas da tempada no comercio local.

Ponteareas celebra a V edición do Festival Internacional de Teatro de Rúa

Chega a Ponteareas unha das actividades máis destacadas dos últimos veráns do concello, o “Festival Internacional de Teatro de Rúa”, cuxas actuacións se prolongarán dende o mércores 3 ata o sábado 6 de agosto.

Le pianO du Lac volve escoller Mondariz para representar en Galicia o seu orixinal espectáculo

Le pianO du Lac é un orixinal espectáculo musical que ten xirado por toda Europa desde 2014. Despois da boa experiencia do ano pasado, repite no escenario natural da praia fluvial do Val, no Concello de Mondariz, para ofrecer en Galicia dous concertos flotantes da xira "Idóneas" os días 3 e 4 de agosto.

Ponteareas actualiza a taxa de vaos para non discriminar a pequenos garaxes e pequeno comercio fronte ás grandes superficies

Ponteareas vén de dotarse dunha ordenanza reguladora de concesión e de taxa por entrada de vehículos a través de beiravías, beirarrúas, reservas de vía pública, aparcamento exclusivo, parada de vehículos e carga e descarga de mercadorías. Así o aprobou inicialmente o Pleno da Corporación Municipal na sesión celebrada este martes.