Sábado, 10 Maio de 2025

O Condado

Salvaterra de Miño abre a inscrición para un segundo curso de manipulación de alimentos

Tras o éxito do anterior curso de Manipulación de Alimentos realizado o pasado venres 5 de abril e ante a demanda de formación entre os veciños e veciñas, a Federación de Mulleres de Pontevedra (FEMUPO) a través do Plan Corresponsables oferta unha segunda data para a formación presencial dirixida a mulleres e homes.

Nava Castro representará a Ponteareas e á provincia na comisión de Cultura e Patrimonio da FEMP

A alcaldesa, Nava Castro, representará a Ponteareas e á provincia de Pontevedra na Comisión de Cultura e Patrimonio da Federación Española de Municipios e Provincia (FEMP). O órgano constituíuse hoxe en Madrid e ten como obxectivo poñer o foco de atención nos asuntos que preocupan ás diferentes localidades no referido a estas materias.

Ponteareas e Cogami asinan un convenio que pon fin á lista de agarda na atención temperá

O Concello asina o convenio coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) que permite rematar coa lista de agarda no servizo de Atención Temperá. No acto, participou a alcaldesa, Nava Castro e a concelleira de Benestar Social, Raquel Plana, así como o presidente e o responsable de COGAMI, Anxo Queiruga e Álvaro García, respectivamente.

O BNG advirte que o capricho de Nava Castro dun novo mercado sairá caro a Ponteareas

O BNG reaccionou ao anuncio da licitación da redacción do proxecto dun novo mercado en Ponteareas, a instalar na Nave de Aceiros na Avenida de Galicia advertindo que “o cese da actividade no actual Mercado suporá un grave prexuízo a todo o sector comercial do centro da vila, xa que provocará a perda de vitalidade nesta contorna”.

A alcadesa de Salvaterra de Miño valora “moi positivamente” a sentenza do TSXG sobre o polígono industrial ‘Chan da Ponte’

Dende que no ano 2020 a Comunidade de Montes de Salvaterra tramitara a denuncia formal ao Concello pola parcela de Bouza do Viso en Chan da Ponte, e os diferentes actos de conciliación aos que estaba instando a diferentes empresas que desenvolven a súa actividade no Polígono Municipal estaban xerando unha situación de confusión, incertidume e medo entre os empresarios. Esta sentenza pon punto e final a esta situación e reafirma que Chan da Ponte é municipal.

Ponteareas somete a información pública o proxecto da segunda fase do saneamento de Ribadetea

O Concello continúa avanzando no proceso de dotar á parroquia de Ribadetea dunha rede de saneamento que se sitúe á altura das necesidades da veciñanza e somete a información pública o proxecto construtivo da segunda fase que abrangue os núcleos de O Portal de dentro, Barxela e A Barronca. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe o anuncio correspondente.

A Xunta convoca axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública por 1 millón de euros

A Xunta de Galicia destinará este ano 1 millón de euros para a reparación, rehabilitación e/ou adaptación de vivendas de promoción pública (VPP), tal e como explicou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez.

O Concello de Ponteareas consegue que a ITV inclúa de novo a inspección de vehículos agrícolas sen sair do municipio

O Concello recupera a posibilidade de que as persoas propietarias de vehículos agrícolas poidan realizar a inspección técnica sen saír do municipio. A área de Seguridade realizou esta reclamación á empresa que xestiona este servizo logo de comprobar que a vila non aparecía no listado para este ano 2024. Deste xeito, as persoas que o precisen xa poden solicitar a cita para os días 12, 15, 16 e 17.

As alfombras florais de Ponteareas, candidatas a Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco

O Ministerio de Cultura do Goberno de España, presentou a mediados de marzo, a candidatura de "A tradición da creación de alfombras florais e composicións rituais con materiais naturais" á Unesco na súa sede de Paris, para entrar na lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, que será avaliada en 2025.

San Nomedio, as Neves, quere seguir libre de eólicos

As Comunidades de Montes do concello das Neves afectadas polo de construción dun parque eólico no monte San Nomedio reuníronse esta semana e mostran a súa total oposición a dito proxecto.

O BNG de Ponteareas presenta unha batería de propostas en apoio ás persoas con trastorno do espectro autista

O BNG proporá no pleno deste martes en Ponteareas unha batería de propostas para mellorar a calidade de vida das persoas e familias que conviven co Trastorno do...

As persoas con ideas de negocio e as empresas de recente creación poderan solicitar un espazo no Centro de Emprendemento de Ponteareas

A ordenanza reguladora do Centro de Dinamización Empresarial e Espazo Coworkingentra en vigor o próximo 3 de abril toda vez que o Boletín Oficial da Provincia xa publicou a aprobación definitiva. Deste xeito, a partir desa data as persoas e as empresas que desexen alugar un espazo poderán presentar as solicitudes correspondentes a través da sede electrónica ou do rexistro xeral do Concello.