Domingo, 14 Setembro de 2025

O Condado

A Xunta acomete actuacións ambientais na Cañiza e nas Neves

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de financiar a adquisición dunha máquina varredora profesional a prol do Concello da Cañiza e de acometer un novo treito da rede de saneamento da parroquia de Tortoreos, no municipio das Neves,.

Ponteareas convoca o IX Premio de Investigación Fermín Bouza Brey

O Concello de Ponteareas convoca o IX Premio de Investigación Fermín Bouza Brey, un certame co que o Goberno municipal busca lembrar o nacemento na vila do Tea do ilustre polígrafo e poeta ao tempo que promove a investigación histórica sobre o municipio e a comarca, afondando así na identidade cultural de Galicia.

Ponteareas licita unha nova humanización dunha rúa tras una aportación da Unión Europea

O Concello de Ponteareas continua obtendo fondos económicos doutras administracións para executar os numerosos proxectos redactados nos últimos anos. Desta volta, o Concello conseguiu unha subvención de 60.000 financiada polo Ministerio de Sanidade, co apoio da FEMP, con cargo a fondos da Unión Europea.

O Cultura 24 de Ponteareas comeza o ano con teatro

O programa Cultura 24 regresa esta fin de semana a Ponteareas coas pilas cargadas e risas a esgalla. A través desta iniciativa, o Concello levará este domingo 5 de febreiro ao Centro Cultural de Bugarín a obra ‘Delicatessen – Menú degustación’.

Ponteareas aproba o Ciclo Integral da Auga que asegura saneamento no rural

O pleno de Ponteareas aprobou no día de onte, cos votos a favor do BNG e PSOE, a abstención do PP e o voto en contra de ACIP, o anteproxecto do denominado “Ciclo Integral da Auga”, a concesión do servizo de abastecemento de auga, saneamento e depuración.

Ponteareas rende homenaxe a Castelao

Un referente de loita, amor e traballo por Galicia. Iso é o que representa o escritor, pensador e artista galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a quen o Concello de Ponteareas realizou este luns unha ofrenda floral para render sentida homenaxe.

Ponteareas aproba a creación dun novo parque público na Avenida Sarmiento Rivera

O Goberno municipal do BNG-PSOE aprobou este luns en Xunta de Goberno a autorización para a creación dun novo parque público de case 3.000 metros cadrados na Avenida Sarmiento Rivera, nunha parcela situada nas proximidades do cuartel da Garda Civil da localidade.

Ponteareas continúa recuperando o estadio municipal tras os graves danos das inundacións

O Estadio Municipal de Ponteareas foi a instalación municipal que máis padeceu os efectos da meteoroloxía adversa deste inverno. Tras varias inundacións dende novembro, o pasado 1 de xaneiro máis de 2 metros de altura de auga do río Tea cubriron as instalacións durante varias horas.

A Deputación mellora a mobilidade peonil na EP-4006 ao seu paso por As Neves

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o proxecto de execución das obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006 Ponteareas–As Neves.

Aberta a participación no Enterro da Lamprea de Salvaterra

O Concello de Salvaterra de Miño vén de anunciar que ata o 8 de febreiro queda aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar, con comparsa ou carroza, no Enterro da Lamprea 2023.

O Goberno municipal de Ponteareas amósase satisfeito co informe do Consello de Contas

O Goberno municipal do BNG-PSOE amosou a súa satisfacción co informe feito público polo Consello de Contas de Galicia a raíz de denuncias interpostas contra o Concello de Ponteareas.

Teatro a prol da igualdade en Mondariz

O Concello de Mondariz continúa comprometido coas artes escénicas como ferramenta de creación, expresión e reflexión colectiva. Esta mesma semana comezou a impartirse un obradoiro de teatro a prol da igualdade.