12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoAberta a participación no Enterro da Lamprea de Salvaterra

    Aberta a participación no Enterro da Lamprea de Salvaterra

    O Concello de Salvaterra de Miño vén de anunciar que ata o 8 de febreiro queda aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar, con comparsa ou carroza, no Enterro da Lamprea 2023, que este ano celebrarase o próximo 25 de febreiro, a partires das 17.00 horas.O Concello, por motivos de seguridade, de organización e espacio, resérvase o dereito de reducir ou ampliar o prazo de inscrición.

    Neste desfile poderán inscribirse todas aquelas comparsas e carrozas que cumpran os requisitos. Solo se poderá inscribir unha comparsa ou carroza por asociación ou persoa.

    Modalidades:

    • Categoría de carroza:  Poderán participar nesta categoría todas aquelas carrozas que  teñan como mínimo 25 participantes e unhas dimensións mínimas de 5 m de largo.
    • Categoría de comparsa: Poderán participar nesta categoría as comparsas que teñan un mínimo de 20 membros.

    As comparsas ou carrozas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. Non se considerarán como comparsas ou carrozas con dereito a inscrición e participación aquelas que en anos anteriores repetiran, no sustancial, o seu disfrace.

    Os premios a participación oscilarán entre os 100 e os 600 €, dependendo da categoría e da cantidade de participantes.

    Dende o Concello queren recordar que todas aquelas persoas que queiran participar no enterro de forma persoal, e non a través dunha carroza ou comparsa, que poden facelo dentro da propia comitiva da defunta lamprea, formando parte do grupo de Choronas que acompañan a lamprea, de loito riguroso.

    A saída do desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2023 de Salvaterra, está prevista para as cinco da tarde, dende a Rúa Rosalía de Castro, discurrindo por Castelao, Rúa Galicia, dona Urraca e Praza do Concello.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS