Domingo, 14 Setembro de 2025

O Condado

Ponteareas mostra no centro urbano o seu ‘Metrominuto’ e os cambios realizados en zonas peonís

O Concello de Ponteareas vén de instalar unha decena de paneis informativos nas principais áreas peonís do centro urbano que inclúen datos e información dos tempos de percorridos urbanos a pé, das áreas peonís e parques públicos e das zonas de aparcamento.

Ponteareas prepara cinco novos cursos de balde nas casas e centros culturais das parroquias

O Concello de Ponteareas leva novos cursos de balde ás diferentes casas e centros culturais para achegar “o maior número posíbel de actividades lúdicas e didácticas ás nosas parroquias”, como explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

Ponteareas contará cun novo médico e dous pediatras grazas á lei de prazas de difícil cobertura da Xunta

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que o goberno galego incluirá unha praza de médico de familia e dúas de pediatría no centro de saúde do concello de Ponteareasna convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que aprobará nas vindeiras semanas.

Salvaterra festexa o Día de Rosalía

Hoxe xoves 23 de febreiro celébrase en Galicia o día de Rosalía, coincidindo coa data do seu nacemento.

Ponteareas tendrá una sesión dobre de contacontos para bebés de 0 a 3 anos co programa Apego

O programa Apego volve traer a Ponteareas unha nova actividade na que os nenos gozarán dunha tarde de lecer e descubrimentos en lingua galega.

Maxia familiar con Ian&Elisa no Centro Cultural de Celeiros ao abeiro do programa Cultura24

Ponteareas pecha o mes de febreiro cunha nova sesión de lecer ao abeiro do Cultura24, un programa posto en marcha “para achegar a actividade cultural a cada recuncho da nosa vila, enchendo de máis vida as nosas parroquias e poñendo en valor e promocionando a arte das asociacións musicais, teatrais e culturais de Ponteareas ”, como sinala o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

Ponteareas descobre aos ‘Facedores de imaxes’

O Concello de Ponteareas organiza o vindeiro xoves 23 de febreiro a presentación do libro Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo. 1870-1915, unha novela de Vítor Vaqueiro na que recolle o paradoxal relato das vidas e da obra da parella formada por Filippo Prosperi e Cándida Otero.

Esquerda Unida e Podemos Ponteareas debaten o programa para as eleccións de maio

Na última xuntanza, que tratou sobre Servizos Sociais, Vivenda e Saúde Pública, decidiuse crear un parque de vivenda pública como eixo das políticas de protección social, aumentar o persoal dos Servizos Sociais e crear postos de profesionais inexistentes ata agora como Educación Social, Integración Social e Animación Sociocultural, esta última sería un posto a cabalo entre os departamentos de Servizos Sociais e Cultura e reducir as listas de agarda.

Ponteareas e Mentes Novas traballan nunha campaña de prevención de consumo de drogas

O Concello continúa mantendo a súa estreita colaboración co grupo de participación infantil e xuvenil de Ponteareas, Mentes Novas, implicando así á infancia e mocidade da vila en múltiples aspectos do devir do municipio.

A Deputación de Pontevedra recibe o Club Natación Ponteareas tralo seu ascenso á 1ª división estatal

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o deputado de Deportes, Gorka Gómez, saudaron ás nadadoras do club (unha delas, Carla Carrón, non puido asistir por atoparse concentrada coa selección española) e o presidente e director técnico da formación, Andrés Carrera, aos que felicitaron por ter conseguido ascender á primeira división do Estado.

Comezan as obras do Centro Cívico de Ponteareas

O Concello de Ponteareas iniciou esta semana as obras do futuro Centro Cívico da localidade, que se situará nun edificio histórico situado na Praza Maior.

Ponteareas anima aos novos pais a transmitir o galego co gallo do Día Internacional da Lingua Materna

Co gallo do Día Internacional da Lingua Materna, o Concello de Ponteareas quere convidar aos novos pais e nais a transmitir o galego ás novas xeracións dende o berce.