Sábado, 3 Maio de 2025

O Condado

Representantes do Consello da Infancia e da Adolescencia de Ponteareas, nas xornadas «Cidades Amigas da Infancia»

O consello da Infancia e da Adolescencia de Ponteareas estivo hoxe presente nas III Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia, organizado pola FEGAMP en colaboración con UNICEF. Acompañadas da concelleira de Ensino e tenenta de alcalde, Cristina Fernández, e do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, Hirut Philippon Salinas e Nicolás Paul Quiroga Snyder representaron ao Consello ponteareán para falar de asuntos relacionados co Ensino.

ADENCO presenta a revista conmemorativa dos 30 anos de «Xeiras Micolóxicas no Condado»

A Asociación Ecoloxista ADENCO celebrará este sábado 14 de decembro, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, un acto público a partir das 20 h no que se presentará a revista conmemorativa dos 30 anos de Xeiras Micolóxicas. O acto está aberto á asistencia da cidadanía, de xeito libre, sen necesidade de apuntarse previamente, entregándose a revista que se presenta aos asistentes.

Vinte persoas desempregadas comezan en Ponteareas o obradoiro «Coidar de Nós II»

A concelleira de Emprego, Vanesa Fernández e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas inauguraron hoxe un novo obradoiro de emprego 'Coidar de Nós II' que dará unha oportunidade laboral a vinte persoas desempregadas, ofrecendo por vez primeira formación para o sector forestal.

Onde está Larry? de «Teatro Calavera», nova actividade de Apego en Ponteareas

Este este venres, día 13 de decembro ás 18 horas, o auditorio municipal 'Reveriano Soutullo' acolle unha nova actividade de Apego, un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma.

Ponteareas remata as obras de acondicionamento da casa de autopsias

A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo e a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, visitaron as obras de acondicionamento da casa de autopsias do cemiterio municipal, financiadas con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que supuxeron un investimento de 38.216,05 € (IVE incluído).

Publicada a listaxe de admisión no «Campus Tea Nadal» de Ponteareas

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, vén de publicar na páxina web do Concello a listaxe definitiva das e dos admitidos no Campus Tea Nadal.

O alcalde de Ponteareas, satisfeito “co interese da Xunta” en cofinanciar a ampliación da depuradora

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, amosou a súa satisfacción polo “enorme interese” da Xunta de Galicia en cofinanciar a ampliación da depuradora da localidade. A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, explicou onte que ven de solicitar “a celebración dunha xuntanza urxente para que a Xunta e o Goberno de España poidan abordar conxuntamente, o antes posible, o financiamento (…) da depuradora de Ponteareas”.

A directora xeral de Administración local vista as obras realizadas na Casa da Cultura de Salvaterra

A directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tápias, acompañada pola alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, visitaron as obras de mellora de eficiencia térmica que se teñen realizado na Casa de Cultura e que contaron cun investimento de 48.150,25 €.

O Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas recollerá axuda na entrada dos supermercados

A concelleira de Benestar Social do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, pon en coñecemento dos veciños e veciñas que o Centro de Reparto de Alimentos recollerá axuda na entrada dalgúns supermercados de Ponteareas.

«Mozart á galega», un xeito diferente de amosar a música

O auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas acolle, este venres día 6 de decembro ás 19 horas e con entrada totalmente de balde, o concerto 'Mozart á galega', unha actividade novidosa que correrá a cargo do frautista Luís Soto acompañado dun trío de cordas.

Ponteareas abre o prazo para solicitude de bolsas ás e aos deportistas

A concellería de Deportes do Concello de Ponteareas vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que ata o día 10 de decembro, as e os deportistas federados de ponteareas poderán solicitar a axuda da bolsa que o Concello concede para a preparación das diferentes competicións nas que vaian participar.

«Venres polo planeta» trasládase ao xoves 5 para actuar no monte de Prado

A actividade 'Venres polo planeta' do Concello de Ponteareas que busca, a través da Concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó, "cambiar o futuro indo máis aló das palabras e deseñando accións participativas", adiántase esta vez ao xoves 5 de decembro, dada a festividade do Día da Constitución do venres 6.