Martes, 1 Xullo de 2025

O Condado

O Concello de Ponteareas concede axudas por 50.000 euros a casas e centros culturais

O Concello de Ponteareas deu a coñecer hoxe a resolución das axudas de apoio concedidas á actvidade realizada polas casas e centros culturais de Ponteareas. As axudas, outorgadas a 21 casas ou centros culturais, suman un total de 50.000 euros. As cantidades para cada colectivo van dende os 1.350 ata os 4.300 euros.

O alcalde de Ponteareas lémbralle a ACiP que “só denega documentación cando así o indican os informes xurídicos”

O alcalde Xosé Represas saíu ao paso das declaracións realizadas polo grupo municipal ACIP nas que informa sobre unha sentenza que recoñece ao voceiro do grupo, Juan Carlos González, o dereito a acceder a diferente documentación, principalmente os partes diarios da Policía Local de varios meses.

Ponteareas investirá máis de 300.000 euros na mellora do centro do obradoiro ocupacional Asprodico e da Asociación de Veciños de Canedo

O acalde de Ponteareas, Xosé Represas, informou nunha recente reunión do Consello Sectorial Social do proxecto de mellora do centro municipal ubicado en Canedo que acolle o obradoiro ocupacional de persoas con discapacidade coñecido por 'Asprodico' así como os locais da Asociación de Veciños de Canedo e tamén da Asociación Adapta. O obxecto do proxecto, que ten un custo total de 305.186,30 euros, é mellorar o edificio coa reforma da envolvente térmica e dotar de instalacións de climatización para mellorar a confortabilidade das instalacións e a redución das emisións de CO2.

A Policía Local de Ponteareas obrigada a intervir trala aglomeración de clientes en varios locais de hostalaría

Formuláronse denuncias por superar con creces o aforo permitido pouco antes da entrada en vigor da suspensión da actividade por un mes

O Concello mellorará o centro do obradoiro ocupacional “Asprodico” e da Asociación de Veciños de Canedo

O acalde de Ponteareas, Xosé Represas, informou nunha recente reunión do Consello Sectorial Social do proxecto de mellora do centro municipal ubicado en Canedo que acolle o obradoiro ocupacional de persoas con discapacidade coñecido por “Asprodico” así como os locais da Asociación de Veciños de Canedo e tamén da Asociación Adapta.

Represas traslada á delegada da Xunta, Luisa Piñeiro, as prioridades de Ponteareas consensuadas por toda a Corporación

Xosé Represas, alcalde de Ponteareas, e María Luisa Piñeiro, delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, mantiveron onte unha xuntanza con motivo da súa primeira visita institucional ao concello de Ponteareas na que o alcalde, acompañado pola segunda tenente de alcalde, Chus Garrote, presentou as prioridades de Ponteareas que foron consensuadas por todos os grupos políticos da Corporación e aprobadas en Pleno por unanimidade.

A innovadora terapia asistida con cans adáptase á nova normalidade

Non hai virus que pare as gañas de aprender dos cativos de Ponteareas e por iso a Concellería de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, retomou a terapia asistida con cans para o alumnado do CEIP Mestre Ramiro Sabell readaptándose para cumprir coas normativas sanitarias e de seguridade fronte á Covid-19.

O Concello de Ponteareas colabora con Cáritas na xestión de residuos textiles

O Concello de Ponteareas e Cáritas veñen de asinar un convenio de colaboración para a xestión de residuos téxtiles. Grazas a este convenio colocaranse varios colectores na rúa para a recollida de roupa e materiais téxtiles que serán xestionados posteriormente pola empresa á que Cáritas encarga éste servizo 'Servicios Comerciales de Inserción Laboral', "entidade que ten como obxectivo a creación de postos de traballo de inserción socio-laboral mediante a correcta xestión de residuo téxtil", explicou a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo.

Comezan as obras da primeira fase do Plan Integral de Mellora da Accesibilidade das Neves 2019-2023

O Concello de As Neves ten unha profunda conciencia e compromiso, sobre a urxente necesidade de resolver diversas problemáticas existentes ao longo do seu Termo Municipal, en materia de accesibilidade e mobilidade.

Ponteareas prepárase para acoller o paso do pelotón ciclista de ‘La Vuelta’

Ponteareas prepárase para acoller o paso do pelotón ciclista de 'La Vuelta' que percorrerá a N-120 dende a parroquia de Xinzo, chegando ao núcleo urbano en torno ás 11 horas para percorrer a Rúa Real, a Avenida de Galicia e a rúa Sarmiento Rivera, conectando coa estrada provincial cara As Neves.

Os Orzamentos Xerais do Estado prevén 11,7 millóns para ampliar a depuradora de Ponteareas e rematar coa contaminación do Tea

O goberno municipal de Ponteareas, formado polo BNG e PSdG-PSOE, avaliou onte o proxecto de orzamentos presentado polo Goberno do Estado para o seu debate e aprobación no Congresos dos Deputados. Tanto o alcalde, Xosé Represas, coma a segunda tenente de alcalde, Chus Garrote, salientaron como dato moi positivo a previsión no orzamento de 11,7 millóns de euros para acometer a ampliación da estación depuradora de augas residuais da Moscadeira.

O Concello de Ponteareas entregou os premios dos Xogos Florais 2020!

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe o nacionalista Fernando Groba Bouza, convocou a V edición do certame de poesía Xogos Florais no mes de marzo con intención de facer a entrega de premios o día 17 de maio no marco das actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas 2020.