Domingo, 22 Xuño de 2025

O Condado

Salvaterra recibirá á campioa de Europa de fútbol sala feminino

O venres tivo lugar a presentación, en Salvaterra de Miño, do partido amigable entre España e Portugal que se celebrará o mércores 8 de novembro ás 19:00 horas no Pavillón Candido Carrera da vila.

O Balneario de Mondariz recibiu o Premio Nacional á Experiencia Turística

Balneario de Mondariz foi recoñecido nunha gala en Madrid co Premio Nacional á Excelencia Turística por tres séculos de historia termal desde que, en 1873, os irmáns Peinador fundasen a empresa e fosen declaradas de utilidade pública as súas augas mineromedicinais.

Salvaterra acolle a mesa para a elaboración dunha estratexia de turismo para Galicia

A deputada de Turismo, Nava Castro, acaba de participar en Salvaterra do Miño na mesa territorializada para a elaboración da futura Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030.

As Neves lanza un novo Plan de Igualdade

Prestar atención a un problema social tan relevante como é a desigualdade entre homes e mulleres. Este será o obxectivo do novo Plan de Igualdade Municipal de As Neves, o primeiro que se realizará con metodoloxía participativa e que arranca cunha enquisa dirixida a toda a poboación.

Verín e Salvaterra reciben á campioa de Europa de fútbol sala

A Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala volta a Galicia este mes de novembro. O combinado dirixido por Claudia Pons disputará dous partidos amigables en Verín e Salvaterra logo do acordo ao que a Real Federación Galega de Fútbol chegou cos dous concellos.

As Neves mellorará o seu mercado municipal con axuda da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o mercado Municipal das Neves, onde a administración autonómica está a investir máis de 40.000 euros como parte das axudas para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e rehabilitación das prazas de Abastos.

As proxeccións do cineasta José Gil chegan a Salvaterra de Miño

O venres 3 e domingo 5 de novembro o salón da Casa Cultura de Salvaterra de Miño acolle as obras de José Gil, un pioneiro do cinema galego. Serán dúas xornadas nas que o Cinemóbil 3 recibirá as visitas de centros educativos, que serán o venres en horario de mañá, e público en xeral.

Salvaterra ofrece un curso de competencias dixitais

O Concello de Salvaterra de miño informa de que xa abriu o prazo de inscrición no curso de "Competencias Dixitais para o Emprego" do Plan Corresponsables de Femupo.

Mondariz actualizará as taxas e impostos municipais no ano 2024

A proposta do goberno municipal é actualizar as tarifas das taxas e dos impostos co fin de evitar o deterioro dos servizos prestados polo Concello, co obxecto último de poder antelos e viabilizar a súa prestación.

Gales e Galicia estreitan lazos en Ponteareas

A choiva non foi capaz de escurecer a calorosa benvida que o alumnado do IES Val do Tea tiña dentro do seu corazón para recibir aos vinte alumnos do Ysgol Cwm Brombil de Port Talbot, Gales.

CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas amplía a súa biblioteca escolar

A Xunta de Galicia colabora na reforma co CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas coa reforma da súa biblioteca escolar. A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou na inauguración das instalacións, onde destacou “a gran participación” deste centro “en moitas das iniciativas e programas que ofrece a Consellería de Educación”.

En novembro aprobarase a ampliación da Plisan

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o vindeiro mes de novembro o Goberno galego aprobará a ampliación da superficie empresarial da Plisan, polo que se rematará así “un proceso xa iniciado hai bastantes meses para darlle a cualificación industrial a un millón de metros máis aquí para poder seguir medrando”, indicou en relación aos máis de catro millóns de m2 de solo industrial que quedarán dispoñibles.