O Concello de Salvaterra de Miño aprobou, en Xunta de Goberno, as axudas para libros e material escolar de infantil, axudas de 75 euros que teñen o obxectivo de promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte os gastos derivados da escolarización dos seus fillos.
A Concellaría de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó vén de solicitar á Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia a inclusión de Ponteareas como punto de activación do Carné Xove, que estes días está a chegar aos fogares de toda a mocidade galega.
O Concello de Ponteareas acolleu unha nova sesión presencial do Pleno Infantil presidida pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, acompañada polo concelleiro de Mocidade e Deportes, Miguel Bouzó, e na que participaron seis centros educativos de primaria e secundaria do municipio. As e os representantes do CEIP Nosa Señora dos Remedios, CPR La Inmaculada, CPR Santiago Apóstol, CEIP Feliciano Barrea, IES Val do Tea e IES Barral abordaron nesta ocasión un dos temas que máis preocupa nas aulas, o acoso escolar.
O vindeiro sábado 26 de xuño a Escola de Música de Xinzo pecha o curso escolar 2020/2021 coa Audición de Fin de Curso. O acto terá lugar no auditorio do Centro Cultural de Xinzo ás 19:30 h da tarde.
No ano 2010 Adapta –Asociación de Persoas con Discapacidade do Condado e A Paradanta– puxo en marcha un Servizo de Fisioterapia dirixido ás persoas con discapacidade dos concellos que forman parte das dúas comarcas. Este tipo de terapia física, explica a Asociación, ocupa un lugar moi importante na atención a persoas con discapacidade física dado que o seu obxectivo "é promover, manter e aumentar a súa calidade de vida das persoas con discapacidade".
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e a segunda tenente de alcalde, Chus Garrote, reuníronse con representantes da ‘Plataforma da N-120’ ante a preocupación deste colectivo veciñal polo retraso na exposición pública do antreproxecto da mellora viaria da N-120 e pola aparente paralización de todo o procedemento.
O Concello de Ponteareas organiza unha nova actividade de lecer para o desfrute de toda a veciñanza. Este domingo 20 de xuño, a Banda de Música A.M. Reveriano Soutullo celebrará un pasarrúas polo centro de Ponteareas. A ruada sairá ás 12:30 horas dende diante da Casa Consistorial e levará a súa música polas rúas do centro ata o Parque da Perillana.
O Club de Enduro/Dh de Ponteareas, Pontebike Team, estivo moi presente no Campionato Galego de Enduro, organizado polo VigobikeContest en Vigo, onde os corredores do club ofreceron espectáculo constante.
As obras incluídas neste proxecto consisten na mellora da pavimentación de dous camiños municipais, un deles no Barrio de Costa, na Parroquia de Oleiros e o outro que conecta a parroquia de Arantei ata o límite do Concello coa Parroquia de Entenza, de Salceda de Caselas, atopándose a totalidade da obra dentro do termo municipal salvaterrense.
O Concello de Ponteareas vén de adxudicar 70.000 euros en axudas ás traídas de augas veciñais de 7 parroquias para a mellora das instalacións durante o 2021.
O vindeiro sábado 3 xullo terá lugar no auditorio do Centro Cultural de Xinzo o III Concurso de Solistas da Escola de Música e xa é posible inscribirse para participar. Só poderán facelo aqueles alumnos matriculados na Escola no actual curso 2020/2021, aínda que os gañadores do primeiro premio nas edicións anteriores non poderán competir na mesma categoría.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.