Ponteareas acolle este mes de xullo un campus de tecnificación de fútbol dirixido a rapazas e rapaces de 5 a 18 anos organizado entre o CDC Areas, a academia de alto rendemento TecnificaT e o Concello.
Tomás Currás na categoría Absoluta Masculina e Adriana Subiás, na categoría Absoluta Feminina, veñen de gañar o XI Open Tenis Vila do Corpus de Ponteareas, cuxa fase final disputouse este pasado domingo, 4 de xullo, nas pistas da Freixa. Tomás Currás impoñíase na final a Roberto Rodríguez por 6-4, 3-6 e 6-3, mentres que Adriana Subiás gañaba o encontro que a enfrontaba a Clara López por 6-2 e 6-2.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por preto de 800.000 euros as obras de mellora do firme das estradas autonómica PO-510 e PO-400, nos concellos do Porriño, de Salceda de Caselas, de Salvaterra de Miño e das Neves.
A pasada fin de semana tivo lugar a segunda cita autonómica de natación galega no transcurso de tan só dúas semanas. O Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, foi o encargado de acoller esta fin de semana o Campionato Galego Infantil de verán.
Esta pasada fin de semana tivo lugar o Campionato Galego de Bádminton sub 9/sub 19, que organizaba o Club Bádminton Ponteareas e a Federación Galega de Bádminton. A organización tamén contou coa axuda da Deputación de Pontevedra, o Servizo de Deportes da Xunta de Galicia e o propio Concello de Ponteareas.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, visitou as instalacións que ten en Cristiñade Galinsect, unha empresa ponteareá pioneira na cría de vermes a escala industrial en todas as súas fases. Unha granxa de insectos coa que se busca a cría e comercialización do Tenebrio molitos como fonte de alimentación rica en proteína, natural e de alta calidade para gandaría ou mesmo para abono ecolóxico.
A Audición de Fin de Curso da Escola de Música de Xinzo pechou este pasado sábado 26 de xuño o curso escolar 2020/2021. Fíxoo no auditorio do Centro Cultural de Xinzo coas interpretacións solistas e grupais dos alumnos, participando tanto os máis pequenos que acaban de iniciarse no mundo da música como os máis veteranos.
O Concello de Salvaterra ven de facer a entrega da XVI convocatoria dos Premios de Educación para o curso 2020/2021, en dúas quendas: ás 11:00 h entregáronse os premios de Primaria e ás 12:00 h os do IES. Este ano continúa a ser unha edición particular pola propia especialidade da situación que nos toca vivir, motivo precisamente polo cal e, máis que nunca –co esforzo extra que isto está a supoñer–, o Concello quería que o alumnado pudera optar tanto á convocatoria e os premios como a esta pequena homenaxe.
Arranca un verán cheo de actividades e aventuras para os nenos e nenas de Ponteareas. Arredor de 125 cativos e cativas comezaron este xoves os campamentos organizados dende a Concellaría de Ensino, dependente da alcaldesa Cristina Fernández Davila, que buscan “ofertar unha alternativa lúdica e educativa que facilite a conciliación familiar e laboral”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.