Martes, 1 Xullo de 2025

O Condado

A Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, con sede en Ponteareas, confecciona unha alfombra na Praza de María Pita

A Comisión Xestora de Alfombristas do Camiño de Santiago, con sede en Ponteareas e dentro do proxecto Alfombras para o Camiño, confeccionou este sábado, 10 de xullo, unha alfombra na coruñesa Praza de María Pita. O tapiz floral, realizado por alfombristas de Ponteareas e Bueu, era unha homenaxe ao Camiño Inglés, un dos roteiros marítimos xacobeos que utilizaban na Europa medieval para alcanzar Compostela os peregrinos procedentes dos países escandinavos, Países Baixos, norte de Francia e principalmente de Inglaterra, Irlanda e Escocia.

Salvaterra de Miño, primeiro concello en obter autorización de aproveitamento lúdico da auga

Xustamente a semana a seguir da entrada en vigor da LEI 8/2019 do 23 de decembro de regulación de aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, o Concello de Salvaterra de Miño comezaba cos trámites oportunos para acadar a autorización de aproveitamento lúdico do seu Espazo Termal de Teans, Oleiros. A solicitude de autorización foi acompañada dun proxecto xeral de aproveitamento e do estudo xustificativo do perímetro de protección.

O Centro de Dinamización Empresarial de Ponteareas ofrecerá espazos de traballo e asesoramento ao tecido empresarial

'Un lugar para traballar e crecer', así será o primeiro Centro de Dinamización Empresarial de Ponteareas que foi presentado onte polo concelleiro de participación cidadá, Roberto Mera, e a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, acompañados da segunda tenenta de alcalde Chus Garrote e dos técnicos redactores do proxecto.

EU de Ponteareas cuestiona a baixada da partida de emerxencia social e propón modificar a súa ordenanza

Esquerda Unida de Ponteareas vén de amosar o seu desacordo coa modificación orzamentaria aprobada polo Goberno ponteareán onde, afirma a formación asemblearia "retíranse 50.000 euros da partida de emerxencia social. Segundo EU, o incremento desta partida nos orzamentos de 2021, pasando dos 120.000 euros anteriores aos 200.000 "debería ser utilizada para modificar a ordenanza de emerxencia social de xeito que dera unha maior cobertura ás persoas faltas de recursos do noso concello".

O CDL de Ribadetea, Ponteareas, acollerá unha xornada formativa sobre as doenzas do castiñeiro

A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Rosa Covelo, organiza este mes unha nova xornada formativa, nesta ocasión enfocada cara á detección e loita contra as doenzas do castiñeiro, o chancro Cryphonectria parasitica e a avespa Dryocosmus kuriphilus. O curso celebrarase o vindeiro 26 de xullo no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, en Ribadetea, en horario de mañá.

Ponteareas comeza un proceso participativo para elaborar un plan de convivencia que mellorará a calidade de vida no municipio

No marco da elaboración do futuro Plan de Convivencia e Civismo, o Concello de Ponteareas vén de poñer en marcha un proceso participativo para implicar a toda a veciñanza no traballo de diagnose dos problemas de convivencia na vila e na definición das medidas e solucións que o Concello deberá implementar no futuro.

Mondariz Balneario recupera os seus históricos xardíns coa axuda da Deputación

As obras de axardinamento e recuperación de elementos históricos dos Xardíns de Mondariz Balneario, a carón do Gran Hotel, permitiron recuperar o esplendor desta contorna e de varios dos seus recunchos máis senlleiros a través dunha achega do Plan Concellos da Deputación.

A Feira do Libro chega a Ponteareas

Ponteareas quenta motores para acoller a quinta edición da Feira do Libro que, do 15 ao 18 de xullo, encherá a Praza Maior de presentacións, sinaturas de libros, actuacións, concursos e actividades de animación á lectura.

A Escola de Música de Xinzo celebra o seu III Concurso de Solistas

O pasado sábado 3 de xullo, a Escola de Música de Xinzo celebrou o seu III Concurso de Solistas cun auditorio cheo, aínda que respectando as medidas sanitarias necesarias. Os gañadores máis destacados foron dous frautistas: Manuel García na categoría C, interpretando Sonata en La Menor de Bach, e Claudia Gregores na categoría B, con Sonata en Fa Maior de Vivaldi.

O Concello de Ponteareas dota á residencia municipal de maiores ‘Santa Ana’ de novo equipamento

O Concello de Ponteareas acaba de dotar de novo equipamento á residencia municipal de maiores Santa Ana, co obxectivo de continuar mellorando as instalacións e prestar así un servizo de calidade. A concellaría de Benestar Social, dirixida por Verónica Carrera, subministrou a este centro 25 novos colchóns viscoelast e dúas camas articuladas con carro elevador e somier eléctrico, colchón visco, trapecio e varandas metálicas.

Ponteareas acolleu o Campionato Galego de Descenso

Cos ingredientes clásicos da especialidade máis vertixinosa do BTT, o Descenso regresou este domingo a territorio autonómico coa disputa do Campionato de Galicia 2021 en Ponteareas, grazas a colaboración de Pontebike Team, Sportskids e o Concello de Ponteareas.

Ponteareas abre unha liña de axudas para colectivos de carácter social

O Concello de Ponteareas convoca, un ano máis, a liña de subvencións para colectivos de carácter social, unhas axudas cunha partida de 8.000 euros e concedidas por procedemento de concorrencia competitiva ás que poden optar asociacións e entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas sociais ao longo deste ano 2021.