Preto dun milleiro de veciñas e veciños do conxunto da comarca manifestáronse na tarde deste mércores polas rúas da vila, convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado para reclamar unha atención sanitaria digna. Esta manifestación, que saíu da Praza Maior de Ponteareas e rematou ante o Centro de Saúde, forma parte da resposta veciñal ante a degradación da sanidade pública por parte do goberno da Xunta.
O Concello de Mondariz ten previsto pór en marcha en outubro un novo servizo municipal de baleirado de pozos negros e fosas sépticas, despois da aprobación da ordenanza fiscal reguladora correspondente na última sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal.
O BNG, a través do seu deputado Luís Bará, denunciou nunha visita ao Centro de saúde de Ponteareas a situación “grave de deterioro e desmantelamento da sanidade pública, especialmente no que afecta á Atención primaria”.
Mañá ás 17:00 horas as rúas de Ponteareas serán o fogar de xigantes e cabezudos. Desfilarán polo centro urbano para coñecer aos nenos e nenas da vila, bailar con eles, e desfrutar do día xuntos. Non estarán sós, xa que o grupo folclórico de Fozara porá ritmo ao seu paseo, e acompañarán a estas figuras ata que se despidan da veciñanza.
A maxia do Mago Teto embruxará o parque da Feira Vella de Ponteareas o xoves ás 21.00 horas. O ilusionista, un dos máis veteranos de Galicia, presentará os seus trucos dentro do programa das Festas de Setembro do Concello. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, destaca que o espectáculo máxico “vai deixar máis dunha boca aberta”, e lembra á veciñanza que a entrada é de balde ata completar aforo.
O Concello de Ponteareas continúa coa súa aposta pola mellora da rede municipal de estradas e vieiros con dúas novas obras de pavimentación nos lugares de Carrascás e Outeiro do Foxo-A Cima, xa en licitación por un orzamento total de 61.000 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra. Con estes traballos a Concellaría de Vías e Obras busca “ofrecer á veciñanza o mellor servizo posible mantendo en perfecto estado as estradas municipais e pistas asfaltadas e pavimentando completamente as pistas que non se atopen en boas condicións.
Despois dun verán onde se realizaron as obras de mantemento dos centros Educativos, o Concello de Salvaterra de Miño está a desenvolver os últimos retoques e as últimas limpezas para que estea todo a punto para o inicio do curso escolar.
A Biblioteca Municipal de Ponteareas acolle esta semana unha nova actividade ao abeiro do programa de animación á lectura. Este xoves 9 de setembro ás 18:30 horas organizará Ao arredor do conto, unha actividade a través da que os nenos e nenas poderán coñecer a Biblioteca Máxica Infantil.
A Banda de Música Xuvenil de Xinzo pon a punto os seus instrumentos para presentar todo o seu amplo repertorio musical no parque da Feira Vella o vindeiro mércores ás 21.00 horas. A entrada para asistir ao concerto desta agrupación histórica de Ponteareas será de balde ata completar aforo. O concelleiro de Cultura anima á veciñanza a asistir a este espectáculo que “mostra o gran talento musical dos mozos e mozas da nosa vila”.
Ponteareas acolle dende hoxe unha xornada de xogos e obradoiros no Centro Cultural de Celeiros. É a primeira das 12 que percorrerán o municipio durante este mes de setembro, e que continúan o programa lúdico nos centros culturais que xa se realizou en agosto. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, sinalou que con estas actividades “queremos que todos os nenos e nenas de Ponteareas poidan desfrutar xogando sen saír das súas parroquias”.
As parroquias de Salvaterra, Cabreira, Leirado, Meder e Arantei acollerán dende o último venres de setembro e os catro primeiros de outubro diversas actividades de animación e dinamización enfocados a fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas de Salvaterra de Miño.
O Concello de Ponteareas presenta o programa das Festas de Setembro para encher de cultura e de lecer a vila durante todo o mes. Máis de 30 propostas culturais e deportivas completarán unha oferta para todos os públicos, en todos os espazos da vila, e adicada a festexar con seguridade e diversión os seus días festivos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.