8.7 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasOs nenos e nenas poderán gozar 'Ao arredor do conto' na Biblioteca...

    Os nenos e nenas poderán gozar ‘Ao arredor do conto’ na Biblioteca Municipal

    Necesaria inscrición previa para participar nesta actividade que se desenvolverá o xoves 9 de setembro ás 18:30 horas

    A Biblioteca Municipal de Ponteareas acolle esta semana unha nova actividade ao abeiro do programa de animación á lectura. Este xoves 9 de setembro ás 18:30 horas organizará Ao arredor do conto, unha actividade a través da que os nenos e nenas poderán coñecer a Biblioteca Máxica Infantil.

    Para participar nesta actividade é recomendábel que cada un dos cativos e cativas acuda cunha pequena lanterna para desfrutar deste contacontos que se realizará a escuras e onde aparecerán personaxes que axudarán a coñecer un pouco máis a Biblioteca municipal ponteareá.

    O obxectivo é “promover entre o público máis novo non só a lectura, senón tamén a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística”, salienta o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

    Para participar na actividade é necesaria a inscrición previa na propia biblioteca, chamando ao 986 660 765 ou a través do enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.