Martes, 8 Xullo de 2025

O Condado

Un accidente entre dous camións e un coche sáldase sen feridos en Ponteareas

Debido ao impacto, a un dos camións rompeulle o depósito de combustible, quedando espallado por todo o viaducto.

Ponteareas acolleu o Campionato Galego de Longa Distancia

O domingo 12 de decembro disputábase, na piscina – 25 metros – do complexo deportivo Álvaro Piñeiro de Ponteareas, o Campionato Galego de Longa Distancia.

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Ponteareas os vindeiros 16 e 17 de decembro

Ponteareas acollerá esta semana dúas novas xornadas para doazón de sangue. A Concellería de Saúde, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, informa que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na vila os vindeiros días 16 e 17 de decembro para todas as persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.

A Xunta autoriza o convenio para reformar a depuradora municipal da Moscadeira de Ponteareas

O Consello da Xunta autorizou o convenio de colaboración entre Augas de Galicia, o Concello de Ponteareas e a sociedade estatal de Augas das Concas de España (Acuaes) para a execución e explotación das actuacións de mellora do saneamento e depuración no municipio pontevedrés.

Falece un home nun incendio declarado nunha vivenda das Neves

Un incendio, declarado na mañá de onte, nunha vivenda do concello pontevedrés das Neves saldouse cun home falecido e catro persoas trasladadas.

Patricia Fernández e a súa ‘Noite máxica’, gañadora do concurso fotográfico ‘Pontepenedo’

O concurso fotográfico ‘Pontepenedo’ xa ten gañadoras. Tres mulleres alzáronse cos catro primeiros premios deste certame convocado por primeira vez polo Concello de Ponteareas a través da Concellaría de Lingua coa finalidade de pór en valor os elementos do patrimonio natural da vila, divulgalos e fomentar a creación artística a través da fotografía.

Aberto o prazo para solicitar as subvencións para agrupacións e clubs deportivos de Ponteareas

Xa está aberto o prazo para tramitar as subvencións para agrupacións e clubes deportivos sen ánimo de lucro que cada ano concede o Concello de Ponteareas.

A San Silvestre tomará de novo a Praza Maior de Ponteareas o último día do ano

Un ano máis a carreira solidaria San Silvestre tomará Ponteareas. O vindeiro 31 de decembro os veciños poderán achegarse ata a Praza Maior para gozar dunha nova edición desta proba na que se poderá gozar en familia.

Protección Civil de Ponteareas xa conta cunha nova tenda de campaña

Protección Civil de Ponteareas xa conta cunha nova tenda de campaña para os seus operativos despois de que o Concello a solicitara a través da subvención de material en concorrencia competitiva a concellos de menos de 50.000 habitantes da Xunta de Galicia.

A sala multiúsos do auditorio municipal de Ponteareas resoará este domingo 12 coa música da Unión de Guláns

A música chega a Ponteareas de novo este domingo 12 de decembro. A sala multiúsos do auditorio municipal será o escenario dun novo concerto da banda de música Unión de Guláns baixo a dirección de Alicia Porto.

A Xunta rehabilitará o edificio para o centro de dinamización empresarial de Ponteareas

A Xunta de Galicia financiará con 320.000 euros a rehabilitación do edificio que acollerá o centro de dinamización empresarial de Ponteareas.

Ponteareas, sede esta fin de semana do Campionato Galego de Longa Distancia de natación

Ponteareas volve ser unha vez máis sede dunha das probas de natación máis importantes do panorama deportivo. Este domingo 12 de decembro o complexo deportivo Álvaro Pino acollerá ás e aos mellores fondistas de Galicia coa celebración do Campionato Galego de Longa Distancia.