O Hostal Villaflora é un edificio protexido que funcionou como hotel entre 1923 e 2004, cando pechou as súas portas. Situado en Mondariz Balneario, forma parte do Catálogo de Bens Culturais de Galicia así como do Catálogo do Proxecto de Ordenación do Medio Rural do concello de Mondariz Balneario.
As alcaldesas e alcaldes do Condado-Paradanta solicitan á Xunta manter unha reunión urxente para buscar solucións ante a situación que está a atravesar a Atención Primaria na comarca, onde a falta de persoal sanitario provoca un progresivo deterioro da atención sanitaria nos centros de saúde da contorna e, especialmente, en Ponteareas, onde radica o PAC de referencia de todo o territorio.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de conceder 466.000 euros ás principais adegas das comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño ao abeiro da orde de axudas para reestruturación e conversión do viñedo.
SOS Fonte de Troncoso pide publicamente ao Concello de Mondariz Balneario, propietario da Fonte de Troncoso, e a Xunta de Galicia, "que realice unha actuación urxente para frear o deterioro da fonte centenaria" obra de Antonio Palacios. Ao mesmo tempo, reclama que ámbalas dúas administracións "tomen cartas no asunto de inmediato e acelere o proceso para a súa recuperación".
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, vén de conceder unha achega de 523.292 euros aos nove concellos das bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023.
O BNG de Mondariz Balneario denuncia a desidia do goberno local ao non convocar a comisión de investigación sobre a caída da árbore que levou por diante a vida dunha veciña mentres decorría un evento cultural organizado polo Concello.
A Xunta abre a partir deste venres o prazo de presentación de solicitudes para a pesca da lamprea nas pesqueiras do río Tea. Así se recolle na Orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) co fin de regular e autorizar a pesca desta especie nesta zona así como fixar o período e as condicións para poder participar na tempada de 2022.
A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou os proxectos subvencionables ao abeiro do Programa Leader Galicia 2014-2020, xestionado polo propio GDR a través da Consellería do Medio Rural.
Os nove concellos que integran as comarcas do Condado e A Paradanta recibiron 61.868.006 euros da Deputación dende que en 2016 se produciu o cambio político á fronte da institución provincial, “o maior investimento da historia da Deputación nestas dúas comarcas e en cada un dos concellos”.
A Plataforma SOS Fonte de Troncoso, nacida en principio para chamar a atención sobre o deterioro dese manancial termal e felizmente reconvertira nunha plataforma de defensa do abondoso patrimonio que posúe o municipio de Mondariz Balneario, vén de chamar a atención sobre unha vivenda unifamiliar centenaria ameaza con colapsar e esborrallarse en Mondariz Balneario.
En outubro de 2019, a plataforma SOS Fonte de Troncoso presentou unha denuncia ante a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz Balneario polo estado ruinoso do Hotel Roma, un edificio catalogado e protexido.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.