Martes, 1 Xullo de 2025

Salceda de Caselas

O Concello de Salceda presentou a nova cartografía, planimetría e rede topográfica do municipio

O Centro Cívico de A Devesa acolleu, este pasado venres, a presentación da Cartografía Six, Ortofoto Dixital e Rede Topográfica do municipio de Salceda nun acto no que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o deputado Santos Héctor Rodríguez quixeron acompañar á alcaldesa Verónica Tourón e aos concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno.

A CHMS investirá máis de 350.000 euros na construción dun sendeiro en Salceda que dará continuidade aos paseos fluviais da zona

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda de Caselas rubricaron onte o Protocolo de colaboración como primeiro paso para facer posible a execución do proxecto de mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do río Caselas ao seu paso por este municipio pontevedrés.

Co renovado Centro Cívico da Devesa o ReacPon da Deputación dota a Salceda dun novo lugar de encontro veciñal

O edificio A Devesa, datado de 1962, loce desde esta tarde o seu renovado aspecto convertido no novo Centro Cívico do Concello de Salceda de Caselas, co impulso e os recursos da Deputación de Pontevedra. As obras supuxeron un investimento de 674.000 euros da institución provincial, a través dos programas ReacPon (539.000 euros) e Plan Concellos (135.000 euros para sufragar o financiamento municipal).

Escolares da Louriña celebran o Día Mundial da Auga

Co obxectivo de xerar conciencia sobre a importancia de coidar os recursos da auga no planeta, un elemento vital para a vida de todas as especies da Terra, celébrase cada 22 de marzo o Día Mundial da Auga. Con tal motivo, o Consorcio de Augas do Louro organiza unha serie de actividades para a poboación dos catro concellos que integra, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.

Salceda, sede do bádminton esta fin de semana

O Club Bádminton Caselas organiza un Torneo de bádminton de ámbito territorial o próximo domingo 19 de marzo.

A Camelia será a protagonista durante a fin de semana en Salceda

O Concello de Salceda de Caselas presentou onte mércores, 15 de marzo, as XIV Xornadas da Camelia, que se celebrarán os vindeiros 18 e 19 deste mes. Na mostra participarán máis de 60 expositores chegados de toda a xeografía galega e do norte de Portugal, que amosarán centos de variedades desta flor ornamental de orixe oriental, que se estenderán ao longo de máis de 120 metros de exposición, ubicada no Auditorio Municipal e na Casa do Concello.

Salceda aproba o proxecto definitivo de reparcelación do Polígono II do PERI

Con esta reparcelación o Concello pasará a dispor dunha nova parcela para equipamentos públicos de 2.738,73 m2, ademais de 5.662,73 m2 de espazos libres e zonas verdes, unha parcela patrimonial e outra para vivenda protexida.

O Concello de Salceda acondiciona a escola da Revolta para usos comunitarios

Nos últimos días deron comezo as obras de acondicionamento e mellora da Escola da Revolta, na parroquia de Parderrubias en Salceda, para usos comunitarios.

A Xunta mellora os firmes da PO-339, entre Salvaterra e Salceda, e PO-552 en Oia

A Xunta está a ultimar as obras de mellora de firme das estradas PO-399, entre Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, e PO-552 en Oia, que suporán un investimento de preto de 223.000 euros.

Salceda pon en marcha o Plan de Formación para persoas desempregadas

Este Plan de Formación, deseñado dende a Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda que dirixe a alcaldesa Verónica Tourón, esta orientado a mellorar a capacitación profesional das persoas desempregadas en eidos estratéxicos para mellora do seu perfil laboral e profesional.

Un concurso de filloas pechará o Entroido de Salceda

Por segundo ano, o Concello de Salceda de Caselas, en colaboración con ACISA, pon en marcha o concurso de filloas “Saborea o Entroido” os días 24, 25 e 26 de febreiro na hostalería local, dentro do Programa de Dinamización Comercial #ConSalceda.

Comeza a rehabilitación da antiga casa do mestre de San Xurxo en Salceda

Comezan as obras de rehabilitación da antiga casa do mestre de Vendanova na parroquia de San Xurxo. Traballos que se levan a cabo co Obradoiro de Emprego “Rehabilita Salceda” e que permitirán ampliar o espazo educativo nunha das escolas unitarias que acollen máis alumnado.