Domingo, 4 Maio de 2025

Salceda de Caselas

O concello de Salceda de Caselas súmase á terceira edición do certame Vilas en Flor

O programa "Vilas en Flor", unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 45.000 habitantes, chega este ano á súa terceira edición con doce novos concellos participantes confirmados. Este ano, incorpórase á lista de participantes a localidade pontevedresa de Salceda de Caselas xunto cos concellos de Cambados, Fene, Guitiriz, Lalín, Narón, Pontedeume, Sada, Sarria, San Sadurniño, Ames e Tui.

O barrio da Bouzavedra, en Salceda, completará a súa rede de saneamento

A vindeira semana comezarán as obras do proxecto de ampliación da rede de saneamento de Bouzavedra, na parroquia de San Xurxo, que lle vai permitir a 24 casas contar con este servizo esencial. O proxecto, en marcha xa dende a lexislatura pasada, sufriu un importante retraso por mor da COVID19, pero agora por fin se fai realidade.

O Equipo de Goberno de Salceda inicia as negociacións para aprobar a RPT

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda ten xa rematada a proposta de Relación de Postos de Traballo (RPT) que este xoves será debatida cos representantes sindicais na mesa xeral de negociación convocada con este único punto na orde do día. O documento, que será o primeiro existente na historia do Concello de Salceda, permitirá a regularización dos diferentes postos existentes no Concello, así como a creación de novas prazas precisas para o correcto funcionamento da administración local.

Os sindicatos do Concello de Salceda convocan unha concentración polo suposto acoso laboral dalgúns empregados públicos

Os sindicatos con representación na Mesa Xeral de Negociación de Salceda de Caselas (CCOO, CIG e CSIF) veñen de convocar unha contración o vindeiro mércores 16 de setembro, de 11 h a 11:30 horas, diante do Concello para protestar polo que cualifican de "acoso laboral" contra un empregado municipal.

Salceda de Caselas xa conta un Regulamento de Participación Veciñal

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a aprobación definitiva do regulamento de participación veciñal do Concello de Salceda de Caselas, que entrou polo tanto en vigor, e que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.

O ‘Espaço vivo’ da ‘Ofizina Cultural’ de Salceda presenta esta fin de semana ‘Sapoconcho sem poncho’ e ‘Os Putos’

O 'Espaço vivo' de Salceda presenta esta fin de semana unha dobre xornada con 'Sapoconcho sem poncho' o sábado 12 de setembro e 'Os Putos' o domingo 13 de setembro, ámbolos dous no Eixo Xandoval, en Vendanova, Salceda de Caselas.

Un incendio obriga a evacuar a unha muller por mor dunha crise nerviosa

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon a unha muller asustada por un incendio declarado na súa propiedade, no lugar da Revolta, en Salceda de Caselas. A señora tivo que ser evacuada ao Centro de Saúde do Porriño, mentres que os bombeiros fixeron fronte a un lume que arrasou un pendello e un coche.

Salceda de Caselas acollerá un curso sobre a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este segundo semestre do ano un amplo programa formativo dirixido a mellorar o manexo silvícola do monte. Na próxima semana, ten previsto realizar un dos cursos en Salceda de Caselas, no que se abordará a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes. Será o sábado 12 de setembro en horario de mañá no centro cultural de Parderrubias.

Salceda retoma a modificación puntual das normas subsidiarias no Cerquido co apoio de Zona Franca

O Salón de Plenos de Salceda de Caselas acolleu esta mañá a xuntanza de traballo que tivo lugar entre o Concello e a Zona Franca de Vigo, coa intención de sacar adiante a modificación puntual das normas subsidiarias na zona do Cerquido que contempla a calificación como chan industrial de 623.760 m2 dun total de 1.230.115 m2 de actuación.

O inmoble do antigo centro de saúde de Salceda será destinado a uso sociocomunitario

O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar inicialmente a mutación demanial interna do seu antigo centro de saúde para destinalo a usos de carácter sociocultural, educativo ou de benestar social. A proposta foi aprobada por unanimidade dos tres grupos políticos da Corporación.

O Orzamento 2020 de Salceda de Caselas supera os 5.000.000 de euros

O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar inicialmente o seu Orzamento Municipal para o ano 2020. As contas, por un total de 5.000.340 € supoñen un incremento de cerca de 200.000 € respecto do orzamento anterior, o que lle permite ao Concello ir achegándoo á súa necesidade real de gasto.

O Concello de Salceda ofrece á Xunta o edificio do antigo centro de saúde “para que se poidan baixar as ratios dos colexios” no...

O Concello de Salceda de Caselas vén de ofrecer á Consellería de Educación da Xunta de Galicia o inmoble que albergaba o antigo centro de saúde da vila para que poida ser utilizado para uso educativo e "poder baixar as ratios dos colexios" no inicio do novo curso. Nesa liña, o Goberno local levará ao pleno do vindeiro día 27 de agosto, o campo de uso do edificio para poder utilizalo no uso educativo e fará o mesmo coa antiga aula unitaria de Revolta, en Parderrubias.