O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos para dar a coñecer o seu potencial turístico. Os alcaldes dos 14 concellos que abrangue o Xeodestino celebraron unha reunión.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá as instalacións da Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual (ACEESCA) acompañada polo alcalde, Alejandro Lorenzo e o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernándo González Abeijón.
O alumnado de 1º curso de bacharelato do IES Ribeira do Louro, en Torneiros, participou onte dunha charla informativa sobre agresións e violencia sexual.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, continúa coa rolda de xuntanzas coas asociacións veciñais e culturais do municipio. A última delas, foi con representantes da Asociación Cultural “A Forna” de Budiño, á que asistiu acompañado polos concelleiros Bienvenido Estévez e José Carlos González.
Esta mañá produciuse a aprobación en Pleno pola maioría dos seus membros, cos votos a favor do goberno local (PP) e do grupo municipal do PSOE de Mos e os concelleiros non adscritos Verónica Costas e Román González, e a abstención de GañaMos e BNG, do Convenio de Colaboración en materia de Emerxencias e Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, para o desenvolvemento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mos durante os anos 2022 e 2023.
O goberno local do Concello do Porriño, que preside Alejandro Lorenzo, anunciou hoxe que prescindirá de cinco vehículos -os de máis luxo e cilindrada- do parque municipal para aforrar "gastos innecesarios".
O concelleiro de Medio Ambiente Sostible do Concello de Mos, Leo Costas, informou hoxe da caída dunha gran árbore na parroquia de Pereiras, co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de cortar os exemplares próximos ás casas para evitar o perigo que representan
Unha patrulla da Policía Local do Porriño vixiará os polígonos residenciais de Torneiros. A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Abel Estévez, decidiu intensificar a presenza policial naqueles puntos que poden resultar máis conflitivos ou de maior afluencia.
O alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro, Bienvenido Estévez, responsable de Parroquias no goberno municipal reuníronse con integrantes da nova “Asociación de Veciños e Veciñas das parroquias e polígonos de Torneiros” para coñecer de primeira man as demandas máis urxentes da veciñanza.
A Casa do Concello do Porriño xa loce a frecha amarela e o logotipo do Xacobeo 2021-2022, como corresponde a un municipio referente do Camiño Portugués a Compostela.
No Porriño non haberá cabalgata dinámica seguindo as recomendacións da autoridade sanitaria, pero os Reis Magos percorrerán o municipio saudando aos nenos e nenas e despois haberá unha recepción no Centro Cultural Municipal.
Como cada ano no mes de xaneiro, faise público desde o Concello de Mos o balance anual de licenzas urbanísticas concedidas durante o exercizo anterior. E así o facían onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Urbanismo, José Areal.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.