20.4 C
Pontevedra
Luns, 14 de Outubro de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoUnha patrulla da Policía Local vixiará os polígonos residencias de Torneiros

    Unha patrulla da Policía Local vixiará os polígonos residencias de Torneiros

    O Goberno Local reforza a presenza policial atendendo a unha das principais demandas dos veciños da parroquia

    Unha patrulla da Policía Local do Porriño vixiará os polígonos residenciais de Torneiros. A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Abel Estévez, decidiu intensificar a presenza policial naqueles puntos que poden resultar máis conflitivos ou de maior afluencia.

    Atendendo á reclamación dos veciños da parroquia, os axentes patrullarán unha zona que aglutina un elevado número de poboación, varios centros escolares e o multicentro polo que, en horas de entrada e saída, presenta aglomeracións e require presenza policial.

    “Trátase dunha medida que os veciños de Torneiros levaban anos reclamando”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo, “Para garantir a seguridade nos núcleos residenciais de Torneiros requírese unha patrulla centrada en cubrir esa zona en exclusiva”.

    Pola súa banda o concelleiro, Abel Estévez, mostrou especial preocupación polos accesos aos centros educativos onde “a presenza policial é esencial para garantir a seguridade dos escolares ás horas de entrada e saída”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.