12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Goberno Municipal do Porriño iniciou unha ronda de visitas polas parroquias...

    O Goberno Municipal do Porriño iniciou unha ronda de visitas polas parroquias para un plan de actuacións especiais

    O alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro, Bienvenido Estévez, responsable de Parroquias no goberno municipal reuníronse con integrantes da nova “Asociación de Veciños e Veciñas das parroquias e polígonos de Torneiros” para coñecer de primeira man as demandas máis urxentes da veciñanza.

    Este encontro é o primeiro dunha ronda de visitas e reunións coas diferentes asociacións de veciños de todas as parroquias do concello que vai manter o goberno municipal nos vindeiros días.

    Trátase de “coñecer de xeito directo a través de todas as asociacións veciñais ás demandas e necesidades de cada parroquia. Teñen que ser escoitadas e atendidas. É unha das miñas prioridades absolutas e por iso nos volcaremos en cada unha delas facendo un plan especial de actuacións de mellora”, segundo explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

    No que atinxe ás demandas planteadas polos representantes da nova AAVV de Torneiros solicitaron a recuperación do Centro Cultural Alba; a rehabilitación de diversas infraestruturas da parroquia como parques, xardíns, rúas e beirarrúa e unha mellora do alumeado público.

    Tamén demandaron maior limpeza e mantemento da rede de pluviais e dos contedores de lixo. En materia de seguridade cidadá piden presenza policial as 24 horas do día pola elevada poboación da parroquia. En cuestión de tráfico, demandan mellorar a sinalización citando os casos da pista do parque Alba e a posibilidade de converter en zona amarela para aparcamento de autobuses escolares a marxe dereita da estrada PO-2401, dende as instalacións de “Aimen” ata o IES “Ribeira do Louro”.   

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.