Luns, 7 Xullo de 2025

A Louriña

Os empresarios da Granxa reafirman o seu compromiso coa veciñanza do Porriño

Os empresarios da Granxa veñen facer unha doazón de produtos ao banco de alimentos municipal SOS Porriño, amosando a súa disposición a traballar da man do Concello para axudar ás persoas que o necesitan.

Xunta e Concello convenian unha importante axuda para o mantemento do Pazo de Mos

O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse esta semana no Pazo de Mos, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto Martínez, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro Alonso, cos membros da directiva da Fundación Pazo de Mos e da organización do Festival Intercéltico O Son do Pazo para abordar colaboracións da Xunta de Galicia durante este presente ano 2022.

O Porriño acolle unha charla informativa de AFAGA

O próximo 18 de marzo, ás 18 horas, o Centro Cultural do Porriño acollerá unha charla de sensibilización sobre as demencias da man de AFAGA en colaboración co Concello do Porriño, a través das Concellerías de Benestar Social e Terceira Idade, que dirixen Abel Estévez e Rosario Costas, respectivamente.

O xulgado acorda difundir o retrato por aproximación facial do home que faleceu nun pozo do Porriño

O Xulgado de Instrución número 3 do Porriño, co obxectivo de lograr identificar o cadáver atopado o 21 de febreiro de 2021 no interior dun pozo dunha nave sen actividade do Cerquido (O Porriño), acordou publicar o retrato da vítima elaborado pola Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) mediante a técnica de aproximación facial.

Esta fin de semana Baiona, A Guarda, Mos, O Porriño e Redondela acollerán o Zampakilos Solidario do grupo Vegalsa-Eroski

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo mobilizará voluntarios para poder levar a cabo o ‘Zampakilos Solidario’ nas comarcas de Baiona, A Guarda, Redondela, Mos e O Porriño, campaña impulsada polo grupo Vegalsa-Eroski.

Encontro interxeracional de mulleres mosenses entre os 89 e os 30 anos con alumnado do IES de Mos

Mos continúa conmemorando o Día Internacional da Muller. O martes pola mañá homenaxeábase na Praza de Abastos do Porriño ás PEIXEIRAS, e pola tarde no Pazo de Mos ás grandes loitadoras que se abriron un oco nun mundo de homes: as pioneiras mosenses da industria no municipio.

22 establecementos participarán na XXV edición de “Merca na rúa”

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Comercio, Antía Carrera, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño, Juana Pérez, presentaron hoxe a XXV edición da feira de oportunidades “Merca na rúa”.

As pioneiras da industria mosense protagonistas do 8M en Mos

Máis de 150 persoas veñen de asistir ao acto homenaxe ás mulleres pioneiras da industria mosense que se celebrou con motivo do 8M no Pazo de Mos, organizado pola concellería de Política Social e Igualdade e o Centro de Información á Muller, CIM, do Concello de Mos.

FEGADACE e o Concello do Porriño colaboran na sensibilización e prevención do dano cerebral cunha charla

A información sobre o dano cerebral adquirido chega ao Porriño pola man da colaboración entre o concello pontevedrés e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE).

O Goberno galego aposta pola cadea mar-industria

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte o compromiso do Goberno galego coa cadea mar-industria, cun investimento de máis de 100 millóns de euros desde 2016 para impulsar a competitividade das empresas de transformacións e apoiar ata 283 proxectos.

Salceda programa numerosos actos para conmemorar o Día da Muller

A concelleira de Igualdade e tenenta de alcaldía, Loli Castiñeira, vén de presentar a programación que dende o Concello se pon en marcha para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, nunha nova mostra da aposta firme que se está a facer pola defensa dos dereitos das mulleres.

O Plan ReacPon fai posibles as obras do centro social de Salceda

O Centro Social da Devesa será un edificio emblemático nunha contorna emblemática” afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a sinatura do convenio para a reforma deste inmoble con cargo ao Plan Reacciona Pontevedra (ReacPon).