Martes, 8 Xullo de 2025

A Louriña

O Concello de Salceda solicita financiamento para a construción dun centro de día

O Concello de Salceda de Caselas, vén de solicitar a súa participación no Plan de Investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais integrado dentro do acordo asinado entre o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

Estes son os cortes de tráfico que haberá pola carreira “O Porriño 10K”

A Policía Local do Porriño informa dos cortes de tráfico e restricións de estacionamento que se establecerán este domingo, día 1 de maio, pola celebración da carreira “ O Porriño 10K”.

O Porriño adhírese a un convenio de xestión da biomasa para loitar contra os incendios forestais

O Concello do Porriño adhírese ao convenio de Xestión da Biomasa suscrito pola Xunta, Fegamp e Seaga para a prevención e defensa contra incendios forestais.

Mos acolleu esta mañá o XXVI Campionato Galego de Natación Adaptada

A Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro foi esta mañá, desde as 10.30 horas, esceario do XXVI Campionato Galego de Natación Adaptada. Trátase dun evento deportivo organizado pola Federación Galega de Deporte Adaptado co apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego e o Concello de Mos.

Festival solidario en Mos para o refuxo canino Os Biosbardos

O refuxo canino Os Biosbardos de Ponteareas organiza un festival solidario contando co apoio e colaboración do Concello de Mos o próximo sábado día 30 de abril no pavillón Soledad Castro de Pena de Francia.

O Porriño pon en marcha un novo servizo de recollida de cartón comercial

O Concello do Porriño continúa coa súa aposta pola reciclaxe e a favor do medio ambiente poñendo en marcha un servizo específico para a recollida de papel e cartón do que poderán beneficiarse os establecementos comerciais do municipio.

Colocar carteis publicitarios sen permiso conleva multas de ata 3.000 euros

O Concello do Porriño lembra que colocar carteis publicitarios na rúa fora das zonas habilitadas e sen permiso está prohibido.

A Xunta destaca o labor do centro tecnolóxico Aimen como un aliado dos principais sectores industrais de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou onte no Porriño o centro tecnolóxico Aimen, a cuxa directiva e traballadores agradeceu que compartan coa Administración autonómica a filosofía de colaborar para innovar.

Concello e Protección Civil do Porriño asinan o seu convenio anual

O Concello do Porriño e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil renovaron o convenio de colaboración para atención de emerxencias no termo municipal.

Onte participaron 250 persoas en Mos na III Andaina Solidaria

Onte, o Concello de Mos organizou, coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro en Mos, a III Andaina Solidaria “En Marcha Contra o Cancro”.

As Neves, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño suman forzas nun proxecto de apoio ás mulleres

Os Concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves veñen de presentar ante a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia un Programa conxunto de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero destinado a mulleres dos tres municipios, que suman mais de 23.000 habitantes.

Mos inviste preto de 700.000 euros en completar o saneamento no municipio

O Concello de Mos dá os últimos pasos para completar xa totalmente a rede de saneamento no municipio, e á obra de saneamento en Pereiras que financia Augas de Galicia que se iniciará a próxima semana, súmanse agora outras dúas das que se está xa a rematar o procedemento de contratación.