Mércores, 9 Xullo de 2025

A Louriña

90 deportistas foron homenaxeados onte, con motivo do Día da Rosa, no acto Xoga Mos c@s Mellores

Todos os clubes e deportistas individuais mosenses con logros deportivos durante os últimos 4 anos foron homenaxeados onte, 13 de xuño e Día da Rosa, ás 20h no Multiusos das Pozas, no acto titulado Xoga Mos c@s Mellores.

A delegación porriñesa Ecoyouth parte cara Mozambique

A delegación española que visitará Mozambique no marco do proxecto europeo “Empoderamento da mocidade para facilitar a transición ecolóxica” partiu onte do Porriño cara Nampula.

Espectacular pregón do Día da Rosa de Mos protagonizado polo himno municipal

Onte voltou o Día da Rosa con máis forza que nunca, incluso con maior participación de ramos que en edicións anteriores á pandemia.

O Porriño pon o xoves en marcha o servizo de recollida de cartón comercial

A Concellería de Limpeza, que dirixe José Carlos González, informou hoxe de que este xoves, día 16 de xuño, comeza a funcionar o servizo específico para a recollida de papel e cartón comercial do que poderán beneficiarse os establecementos comerciais do Porriño.

A nova senda de Parderrubias suporá unha transformación da seguridade para os veciños

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe a transformación que supón para a seguridade e a mobilidade dos veciños de Salceda de Caselas a nova senda de Parderrubias, cun investimento da Xunta de máis de 900.000 euros.

90 deportistas serán homenaxeados o Día da Rosa no acto Xoga Mos c@s Mellores

Todos os clubes e deportistas individuais mosenses con logros deportivos durante os últimos 4 anos serán homenaxeados o vindeiro luns, 13 de xuño e Día da Rosa, ás 20h no Multiusos das Pozas, no acto titulado Xoga Mos c@s Mellores.

60 inscritos na listaxe municipal de demandantes de vivenda protexida en pouco máis dunha semana aberta

Desde o pasado 1 de xuño, data na que o Concello de Mos abriu a listaxe municipal de demandantes de vivenda protexida, xa hai inscritos 60 veciños e veciñas interesados en optar a esta futura oportunidade residencial no municipio.

O Centro Cultural acolle mañá unha charla sobre os beneficios da lactancia

O Centro Cultural Municipal acolle mañá venres, ás 18:30 h, a última conferencia das xornadas para familias e profesionais “Acompañando na aventura de crecer”.

O PSdeG-PSOE de Salceda reafirma a necesidade dun Centro de DIA e Galiña Azul

O PSdeG-PSOE de Salceda reafírmase na necesidade que ten o concello das dúas infraestruturas (Centro de DIA e Galiña Azul), ante o anuncio de presentación dunha moción no pleno por un grupo político da corporación municipal.

Xa é realidade “O libro da rosa” de Mos, editado por Galaxia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, informaron de que xa se atopa rematado e listo para lanzar ás librerías o gran proxecto editorial que ten ao emblema heráldico de Mos como protagonista: “O libro da rosa”.

Actividades multiaventura na Semana Branca do Porriño

Os nenos dos colexios do Porriño disfrutan estes días de xornadas multiaventura no marco da Semana Branca, que se celebra dun xeito diferente: con area, sol e mar.

Inicio inminente de melloras en tres colexios de Primaria de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, informaron de que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia acometerá de inmediato, en canto finalice o presente curso escolar e rematen as clases, obras de mellora por preto de 500.000 euros nos Colexios de Educación Infantil e Primaria mosenses de Atín-Cela, Sanguiñeda e Petelos.