Os pequenos e pequenas da casa son os verdadeiros protagonistas do Nadal no Porriño e por iso a programación proposta polo Concello para estas datas inclúe múltiples actividades para eles/as. Entre elas os “Obradoiros Infantís de Nadal”, momentos de lecer compartidos nos que poderán amosar as súas habilidades nos diferentes talleres de manualidades e xogos de Nadal.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, achegáronse onte pola mañá ata San Rafael, parroquia de Pereiras, para felicitar a Pilar Arjones polo seu 103 aniversario. Pilar, xunto con Jesusa Ramilo, de 104 anos (veciña de Herville, Cela), é unha das veciñas mosenses máis lonxevas.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentoulle á conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, aproveitando a súa visita do pasado 9 de decembro a Mos para coñecer a un usuario mosense do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, a Memoria Anual dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Mos.
Qué mellor maneira de gozar das festas do Nadal que poñéndose mans á masa e cociñar ricas galletas. Por iso, o Concello do Porriño organiza, dentro da programación festiva, un Obradoiro infantil de elaboración e decoración de galletas de Nadal dirixido aos nenos de 5 a 12 anos.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e os técnicos municipais, Raquel González e Ramón Vega, visitaron esta semana os traballos de asfaltado do Camiño de Pantaño, parroquia de Louredo e do Camiño das Maravillas, na parroquia de Mos, que mide 740 metros e no que estes días lévanse tamén a cabo labores de reposición do firme.
O concello de Salceda celebrou no seu salón de plenos a primeira comisión de traballo no eido de saúde e benestar presidida pola alcaldesa Verónica Tourón.
A empresa Ceamsa (Compañía Española de Algas Marinas SA) vén de doar 150 lotes de produtos de Nadal ao Concello do Porriño destinados ao servizo municipal de alimentos SOS Porriño.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou hoxe a fase final dos labores de conservación e limpeza da Igrexa de Santa Baia de Mos, cuxa posta en valor estará rematada nos vindeiros días para que o edificio reciba o Nadal en todo o seu esplendor.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e a enxeñeira municipal, Raquel González, recepcionaron no lugar das obras a instalación para completar a rede de saneamento na parroquia de Pereiras, de mans de técnicos da Xunta de Galicia.
O Concello do Porriño, a través da concellería de Vías e Obras que dirixe Ramón Porto, vén de adxudicar as obras de saneamento no núcleo da Devesa, na parroquia de Budiño.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.