12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeLouriñaMosA veciña de San Rafael, Pilar Arjones, cumpriu 103 anos

    A veciña de San Rafael, Pilar Arjones, cumpriu 103 anos

    Exemplo de muller traballadora, caracterizouse sempre polo seu tesón e capacidade de autosuperación

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, achegáronse onte pola mañá ata San Rafael, parroquia de Pereiras, para felicitar a Pilar Arjones polo seu 103 aniversario. Pilar, xunto con Jesusa Ramilo, de 104 anos (veciña de Herville, Cela), é unha das veciñas mosenses máis lonxevas.

    Pilar Arjones naceu no seo dunha familia de 5 irmáns en Pías, Ponteareas. Foi a segunda dos 5. Os irmáns varóns, entre os outros 4, faleceron a causa dunha enfermidade dexenerativa muscular, distrofia muscular miotónica de Steinert (DMM), ou Síndrome de Steinert, que afecta aos homes.

    Comezou a súa vida laboral traballando na casa dun alto cargo da Marina Militar en Ferrol e de alí trasladouse a Vigo para servir tamén nunha casa. En Vigo coñeceu ao seu marido, Manuel Rodríguez Fontán, natural da parroquia mosense de Sanguiñeda, onde Pilar casou con el e se asentou na que foi a súa primeira residencia familiar como marido e muller.

    En Sanguiñeda viviron dous anos e alí naceu en 1957 a súa primeira filla, Puri. Ese mesmo ano, tendo Puri 6 meses de idade, trasladáronse a San Rafael, na parroquia de Pereiras, tendo que levar ata alí todas as súas pertenzas nun carro de bois.

    A súa segunda filla, Isabel, naceu xa en san Rafael, no ano 1960. Residindo xa en San Rafael, Pilar traballou na casa dun directivo da empresa Cooper Zeltia ata os 60 anos, idade na que padeceu un ictus.

    Aquel ictus, daquela diagnosticado como derrame cerebral, do que a tiveron que operar, paralizoulle medio corpo e tivo que aprender a camiñar, falar e comer de novo. Pero tras 2 anos de intensa rehabilitación logrou recuperarse ao 100%. Dende aquela, Pilar continuou plenamente activa ata os 95 anos, ocupándose da casa, a limpeza e facer a comida para toda a súa familia. Unha caída que lle provocou fractura de pelvis a esa idade fixo empeorar notablemente a súa mobilidade.

    Pilar quedou viúva fai dous anos, xa que o seu marido Manuel faleceu en 2020 aos 92 anos de idade. Esta incrible muller traballadora, exemplo de tesón e autosuperación, ten, ademáis das súas 2 fillas Puri e Isabel, 4 netos e outros 4 bisnetos.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS