11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoOs mellores doces de Nadal teñen premio no Porriño

    Os mellores doces de Nadal teñen premio no Porriño

    O Concello do Porriño, a través da Concellería de Comercio que dirixe Antía Carrera, convoca o seu I Concurso de Sobremesas de Nadal.

    “O obxectivo é recuperar a preparación deses postres caseiros típicos do Nadal e que os amantes da cociña e a repostaría poidan mostrar as súas mellores creacións, inspiradas nunha das épocas do ano na que as receitas doces adquiren un especial protagonismo”, explicou a concelleira.

    As sobremesas que se presenten deberán estar relacionadas co Nadal, ben sexa polos ingredientes empregados ou pola súa presentación.

    Os doces presentaranse xa preparados na casa e deberán ser consumibles en prato individual para un mínimo de 10 comensais. Cada concursante poderá presentar un máximo de dúas sobremesas. Terán que estar listas para degustar, en perfectas condicións de consumo e en bandexa desbotable o día 23 de decembro de 2022, ás 12 h na praza Arquitecto Antonio Palacios.

    No momento da recepción da sobremesa seralle entregado un sobre á persoa participante, co que se lle asignará un número. Neste sobre deberán introducir a receita cos ingredientes utilizados e a forma de elaboración. O xurado soamente coñecerá o número e non a identidade do/a participante (que non será desvelada ata a asignación dos premios). 

    “Valorarase o sabor, a elaboración, a complexidade da receita, os ingredientes utilizados, a orixinalidade e a creatividade da presentación”, apuntou Antía Carrera, “Outorgaranse tres premios (o primeiro de 250 euros, o segundo de 150 e o terceiro de 100 euros) para consumir no Porriño, xa que o certame ten tamén como fin dinamizar o consumo nos nosos locais de hostalería e comercio”.

    As bases publicaranse o luns 12 de decembro, e ese mesmo día abrirá o prazo de inscrición e manterase ata o 21 de decembro. Todas as persoas interesadas en participar poderan anotarse enviando o impreso que se colgará na páxina web municipal xunto coas bases ao seguinte correo electrónico: rexistro@oporrino.org .

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.