10.4 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño saborea o Nadal cun obradoiro infantil de galletas

    O Porriño saborea o Nadal cun obradoiro infantil de galletas

    Qué mellor maneira de gozar das festas do Nadal que poñéndose mans á masa e cociñar ricas galletas. Por iso, o Concello do Porriño organiza, dentro da programación festiva, un Obradoiro infantil de elaboración e decoración de galletas de Nadal dirixido aos nenos de 5 a 12 anos.  

    SuperSugar impartirá o curso, a tenda de doces sita na primeira planta da Praza de Abastos. Desenvolverase en tres quendas, os días 28, 29 e 30 de decembro en horario 11 a 12:30 h na zona infantil da Praza de Abastos.

    As persoas interesadas en participar poden anotarse enviando un correo a rexistro@oporrino.org cos datos do neno e o titor. A actividade está limitada a 12 nenas/os por quenda que se cubrirán por orde de inscrición.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.