Domingo, 13 Xullo de 2025

A Louriña

A vindeira fin de semana disputarase “O Porriño 10K”

Os amantes do running poderán correr un ano máis polas rúas do Porriño. O vindeiro domingo 30 de abril disputarase unha nova edición de “O Porriño 10K”, unha carreira popular organizada polo Concello do Porriño e o Club Atletismo Porriño.

Alejandro Lorenzo reforza o seu equipo apostando pola “xestión e a experiencia”

O alcalde do Porriño e candidato á reelección, Alejandro Lorenzo, avanzou hoxe a incorporación á súa lista en postos de saída de Carlos Martínez Nogueira, Rosa Isabel Alonso Romero e Marcos Martínez Campos, que xunto co seu equipo actual completan os once corporativos cos que aspira conformar o próximo goberno municipal.

O Concello de Salceda preséntase ao programa PON2030 da Deputación de Pontevedra

O Concello de Salceda de Caselas ven de presentarse ao programa provincial Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións singulares para a execución da Axenda 2030 (PON2030) da Deputación de Pontevedra.

Mos acolle a representantes do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 interesados no proxecto Rumbo

As entidades galegas representativas da discapacidade, COGAMI, Aspace Galicia, Autismo Galicia e Fegadace, xunto a outras 18 entidades de Andalucía, Aragón, Cataluña e Castela e León vinculadas ás confederacións estatais do Terceiro Sector da discapacidade (COCEMFE, ASPACE, PREDIF, FEDACE e AUTISMO ESPAÑA), desenvolven un proxecto piloto que pretende retrasar a non desexada institucionalización da persoa e favorecer a permanencia na contorna familiar, social ou comunitaria.

Hoxe finalizan as II Xornadas Muller e Traballo do CIM de Mos

Esta tarde rematan as II Xornadas Muller e Traballo do CIM de Mos nas que onte participou Teresa Portela. As sesións que hoxe se desenvolverán no Pazo de Mos son "O malestar que non ten nome a cargo", de Águeda Gómez, da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo; "A conciliación en cifras. Logros acadados e retos por conseguir", por Tamara Miranda. Socióloga; "Novas masculinidades e corresponsabilidade" por Ramón Torrente. ara rematar, conclusión e peche da xornada.

Máis de 120 alumnos do Instituto de Mos reciben formación preventiva do acoso escolar

O Concello de Mos, concretamente a concellería de Educación que dirixe a edil Julia Loureiro, e a través da Asociación Arela, imparte no IES de Mos unha actividade de prevención do acoso escolar e o bullying.

Catro patas de apoio

A Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño están a desenvolver un Programa de Intervencións Asistidas con Cans para o alumnado con NEAE do centro educativo de ACEESCA.

Aberto un novo aparcamento no Porriño

Xa está aberta ao público a nova zona de aparcamento gratuíto habilitada polo Concello do Porriño no centro urbano. Este aparcamento disuasorio está localizado na rúa Progreso e dada a súa extensión e localización, no futuro acollerá tamén eventos e actividades lúdicas e festivas.

As persoas interesadas en participar no programa Tempo de Lecer aínda poden inscribirse

O Concello de Mos pon en marcha os seus cursos de Tempo de Lecer 2023 elixidos polas Asociacións nas que se impartes. Algúns dos cursos comezaron xa, pero aínda teñen prazas libres dispoñibles.

Mos forma aos seus maiores no uso da tecnoloxía móbil

Desde o Concello de Mos, concretamente desde a Concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, infórmase dunha nova formación TIC para maiores, que comezará o vindeiro 20 de abril.

Teresa Portela nas II Xornadas Muller e Traballo do CIM de Mos

O Concello de Mos e o Centro de Información á Muller organizan as Xornadas "MULLER E TRABALLO". Son unhas xornadas de formación, educación e sensibilización que se celebrarán os días 19 e 20 de abril no Pazo de Mos en horario de tarde, de 16:00 a 20:30 horas.

Curso avanzado no Porriño para familiares de persoas con demencia

AFAGA Alzheimer, en colaboración co Concello do Porriño, oferta un curso de nivel avanzado para coidadores familiares de persoas con demencia.