Domingo, 13 Xullo de 2025

A Louriña

Estudantes do IES de Mos visitan a potabilizadora de auga dos Valos

Un grupo de estudantes de 3º curso de ESO do IES de Mos vén de visitar as instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) localizada no Valos para coñecer de primeira man a función de potabilización deste recurso que nela se fai.

Movemento Salceda presenta a súa candidatura para facer posible a segunda transformación da vila

Cun auditorio ateigado de veciños de Salceda de Caselas, que non deixou butacas baleiras nin no patio nin no anfiteatro, Movemento Salceda presentou a súa lista electoral para as eleccións de 28 de maio.

O Porriño fai un chamamento á adopción responsable de animais

O Centro Cultural Municipal acolle, ata o vindeiro 8 de maio, a exposición da muralista e ilustradora Eva Casais, organizada polo Concello do Porriño en colaboración coa asociación protectora de animais Os Biosbardos.

Mos promove un estilo de vida saudable entre a xuventude

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira mosense de Educación, Julia Loureiro, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias Figueroa, visitaron ao alumnado do Colexio Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda, que participaba na actividade Xogando con Futgal.

O Concello de Salceda solicita subvención para a 2ª fase do novo pavillón municipal

O Concello de Salceda de Caselas vén de solicitar unha subvención á Deputación de Pontevedra para a asistencia técnica na presentación de proxectos que poidan optar aos fondos europeos Next Generation UE do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do ámbito do turismo deportivo sostible.

A Coral O Son dos Cantares organiza o seu XIV Concerto de Corais

O Centro Dotacional de Torroso - Mos (Pontevedra), acollerá, o vindeiro domingo, 30 de abril ás 17.00 horas, o XIV Concerto de Corais O Son dos Cantares.

A III Liga Territorial de Saltos trae o domingo a Mos o Trofeo Xunta de Galicia de Hípica

Esta mañá presentouse no salón de sesións do Concello de Mos, o Trofeo Xunta de Galicia de Hípica Xogade 2023 da III Liga Territorial de Saltos, do que Mos será sede este vindeiro domingo.

O Porriño acerca a figura de Castelao aos máis cativos

A figura capital da historia das artes en Galicia, Castelao, chega ao Porriño cunha proposta escénica para a infancia. A compañía Culturactiva Produccións, a través da Xunta de Galicia e o Concello do Porriño, trae este venres ao Porriño a súa obra de teatro infantil e familiar “Castelao”.

A reelección como alcalde do Porriño, obxectivo de Alejandro Lorenzo

O candidato á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, desvelou hoxe a totalidade da lista que o acompañará de cara as eleccións do vindeiro 28 de maio. Tras 15 meses de goberno, Lorenzo aposta por manter o mesmo equipo e reforzalo con perfís de recoñecida solvencia. “Unha candidatura que ofrece experiencia e resultados”, apuntou o candidato.

O Porriño salda case na súa totalidade os 5,5 millóns de euros de facturación pendente de pago

O Concello do Porriño saldou no último ano case na totalidade o pago pendente a provedores, que ascendía a 5,5 M e na actualidade se reduce a 985.506,75 euros. Tal e como reflicte o informe da intervención municipal de 25 de abril de 2023 “este acusado descenso da conta 413 xorde tras unha intensa labor de investigación, regularización e depuración de facturas levada a cabo en pouco máis dun ano”, como xa recomendaba facer o Consello de Contas de Galicia no seu informe de fiscalización selectiva do Concello do Porriño para os exercicios 2018 e 2019.

O Consorcio de Aguas do Louro estrea nova oficina no Porriño

Co fin de facilitar a súa accesibilidade e localización, o Consorcio de Augas do Louro, anuncia o cambio de oficina de atención ao público no Porriño.

Mos responde ao TSXG sobre a sentenza da Cidade Deportiva Afouteza

O Concello de Mos informa de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) inadmitiu o recurso de casación cursado pola administración local mosense ante a denuncia da Comunidade de Montes de Tameiga polas obras da Cidade Deportiva do Celta en Pereiras.