O corredor da A.D.AVANZA, David Fernández Pérez vén de proclamarse Campión de España 2020, na modalidade de Enduro, nos campionatos celebrados no Pirineo Aragonés. O corredor tudense do equipo do Porriño era un dos sete riders da Selección Galega que participaba nesta proba.
Os sindicatos con representación na Mesa Xeral de Negociación de Salceda de Caselas (CCOO, CIG e CSIF) veñen de convocar unha contración o vindeiro mércores 16 de setembro, de 11 h a 11:30 horas, diante do Concello para protestar polo que cualifican de "acoso laboral" contra un empregado municipal.
A plantilla da firma porriñesa “Maderas Iglesias” solicitou hoxe a Eva García de la Torre que inste unha reunión conxunta de alcaldes dos concellos afectados por la crise desta firma co conselleiro de Industria e vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde.
Hoxe ás 08.00 horas da mañá entraban pola porta do Pavillón Óscar Pereiro os primeiros usuarios da Piscina Municipal de Mos desde que o pasado mes de marzo cesara a súa actividade por mor da crise sanitaria da COVID-19.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a aprobación definitiva do regulamento de participación veciñal do Concello de Salceda de Caselas, que entrou polo tanto en vigor, e que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.
O Concello do Porriño trasladou onte ao Goberno Central a petición de que o treito da N-120, entre Cans e a rotonda do Confurco sexa cedido á administración municipal. A alcaldesa Eva García e o concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira expuxeron a petición a Maica Larriba, subdelegada do Goberno Central e a Pablo Alonso, representante da Demarcación de Estradas do Estado dependente do Ministerio de Fomento.
Coincidindo co regreso dos cativos e cativas ás aulas, o Centro de Información á Muller de Mos vén de convocar catro accións formativas dirixidas ás mulleres. Trátase, segundo a alcaldesa Nidia Arévalo e a concelleira de Igualdade, Sara Cebreiro, "de non baixar a garda no que a apoio ao colectivo feminino refírese".
O 'Espaço vivo' de Salceda presenta esta fin de semana unha dobre xornada con 'Sapoconcho sem poncho' o sábado 12 de setembro e 'Os Putos' o domingo 13 de setembro, ámbolos dous no Eixo Xandoval, en Vendanova, Salceda de Caselas.
Os días 15, 16, 17 e 18 de setembro, na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Cívico), en horario de 16 a 21 horas, pódese formalizar a matrícula e reserva de horarios, segundo a preinscrición realizada no mes de xullo.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, informaron de que onte, data na que se iniciaron as clases para parte do alumnado de Educación Infantil e Primaria, saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia, BOPPO, as axudas para material escolar e comedor do Concello de Mos, co que se abre o prazo de presentación de solicitudes para as familias mosenses interesadas en optar a elas.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada da concelleira de Educación, Lourdes Moure acudiron esta mañá ao CEIP “Antonio Palacios” para comprobar in situ o desenvolvemento dos protocolos anti-covid no primeiro día de volta ás clases.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Parques e Xardíns e Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Baldomero Lorenzo, informaron hoxe de que o Concello adquirirá nova maquinaria agraria forestal para reforzar os labores de de desbroce, limpeza viaria e prevención de incendios forestais nos que a admistración local mosense se atopa volcada.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.