Martes, 1 Xullo de 2025

A Louriña

Concello e COGAMI debaten sobre a creación dunha Comisión Municipal de Accesibilidade

O Concello do Porriño e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade valoraron a creación dunha Comisión Municipal de Accesibilidade. Sería un órgano participado polos grupos políticos da corporación e COGAMI.

O comité de Maderas Iglesias asegura que o conselleiro de Industria “non concreta as supostas xestións” realizadas para salvar a empresa

Unha representación do comité de Maderas Iglesias, empresa do Porriño que atravesa unha situación crítica que ameaza a súa supervivencia, estivo presente antonte durante o debate da proposición non de lei presentada polo BNG no Parlamento galego na que se instaba a Xunta a apoiar as demandas do cadro de persoal e a colaborar nas actuacións dirixidas a garantir a continuidade da empresa e dos postos de traballo.

O Porriño entrou hoxe en alerta vermella

O Porriño entrou hoxe en alerta vermella (nivel 3) segundo publica o mapa que diariamente difunde o Servizo Galego da Saúde. O Porriño aparece en nivel de alerta 3 por ter máis de 21 casos de covid activos nos últimos 7 días.

A alcaldesa reúnese sobre a sentencia do TSXG coa A.VV. de Torroso, representante de parte dos veciños de Mos usuarios da PassVigo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, afirma estar “segura de que o Concello de Vigo e o seu alcalde non se atreverán a quitarlle a Pass Vigo aos cidadáns de fóra da cidade olívica, vista a sentencia do TSXG na que se deixa ben claro que a utilización do transporte de viaxeiros non pode ser discriminatoria, como tampouco poden introducirse discriminacións por razón do territorio ou da residencia (artículo 82 da lei galega), rechaza calquera tarifa que diferencie a uns usuarios de outros en razón ao lugar onde residan e declara que supón un trato desfavorecido e discriminado sendo improcedentes as vantaxes tarifarias en razón ao lugar de empadroamento”. Polo que retirar a Pass Vigo á veciñanza non empadroada na cidade sería prevaricar, tal e como esta mañá llo explicou aos veciños dunha das parroquias mosenses interesadas, Torroso, o asesor xurídico do Concello, avogado que levou este caso, nunha xuntanza mantida nos exteriores do local social da Asociación de Veciños, coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro da parroquia de Torroso, Alberto Méndez. A rexedora local mosense está convencida de que “o alcalde de Vigo non se atreverá a quitarnos a Pass Vigo, pero si se atreve a facelo, serán os propios veciños individualmente os que denunciarán persoándose como parte directamente afectada, e desde o Concello apoiarémolos asumindo os gastos derivados do xuízo”. A veciñanza fundamentalmente interesada neste tema é a das parroquias de Torroso, Dornelas e Guizán, que colle diariamente o Vitrasa en Peinador. Se as accións legais as emprende directamente a veciñanza afectada progresará a favor da mesma, porque o motivo da desestimación do recurso de apelación interposto polo Concello de Mos non é máis que unha cuestión meramente formal baseada en que a administración local mosense non ten facultades para alzarse fronte a actuacións que repercutan na esfera patrimonial dalgúns dos veciños do municipio por máis que poidan ser ilegais, nin exercitar accións en defensa dalgún grupo de veciños, para o que non ostenta lexitimación. O que quere dicir que se fosen os propios veciños afectados os que tiveran presentado o recurso, este sí houbese sido estimado.

O Concello de Mos logra que o TSXG ratifique a ilegalidade do criterio do empadroamento para establecer a taxa da PassVigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de desestimar o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Mos ante a pretensión de Vigo de aplicar tarifas discriminatorias no transporte público urbano en función do empadroamento a través da tarxeta PassVigo.

Mos vólcase na formación e o fomento do emprego en tempos de crise económica pola Covid-19

A alcaldesa de Mos e a concelleira de Promoción Empresarial, Economía e Emprego mosense, Julia Loureiro, anunciaron hoxe dúas boas novas en materia de formación e fomento do emprego, tales como a prórroga concedida pola Xunta de Galicia de dous meses máis para o Programa Integrado de Emprego e o inicio do curso AFD de soldadura, con subvención autonómica tamén.

O Concello do Porriño aprobou a Conta Xeral de 2019

A corporación municipal aprobou por maioría a Conta Xeral do Concello do Porriño do exercicio de 2019, nunha sesión extraordinaria telemática celebrada esta onte pola tarde. A aprobación acadouse cos 9 votos que sumaron PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera (UDDL).

A Xunta de Galicia apoia ás Comunidades de Augas de Mos con preto de 52.000 euros

A Xunta de Galicia destina este ano 51.700 euros a subvencionar melloras en Comunidades de Usuarios de Augas de Mos. As 5 beneficiarias son a Comunidade de Usuarios de Augas para Usos Domésticos do Barrio de Castro-Mos, a Comunidade de Usuarios Mina do Ferreiro, a Comunidade de Augas de Torroso, a Comunidade de Augas Fonte do Pobo, e a Comunidade de Usuarios de Fonteliña.

Iníciase en Mos a programación do Xacobeo 2021

Onte pola tarde celebrouse nos exteriores do Pazo de Mos o primeiro concerto da serie Cantando á Nosa Terra, subvencionada pola Xunta de Galicia, concretamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e organizada pola Banda de Música Xuvenil de Torroso, que nesta ocasión actuou acompañada dos cantantes Andrea Pousa e Antonio Barros interpretando, entre outros coñecidos temas da música galega, os famosos ‘Negra Sombra’, ‘Semente dun Home Sabio’ ou ‘Lela’.

Iniciadas as obras de cubrición da zona de comunicación no Campo de Fútbol de Cototorrón

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e a edil mosense de Deportes, Begoña Toucedo, visitaron o venres pola tarde o Campo de Fútbol de Cototorrón, acompañados polo presidente do Club Louro Tameiga, Patricio Farrapeira, con motivo do inicio das obras con cargo ao Plan Concellos 2020 polas que se está a acometer un proxecto de cerramento, aproveitamento, e cubrición da zona común de Cototorrón.

Mos conclúe a campaña intensiva estival contra incendios tras ter actuado en 112.000 metros cadrados de terreo

O venres concluiu a campaña intensiva de prevención contra incendios en Mos coa finalización do contrato dos últimos brigadistas contratados durante o verán. A campaña remata tras ter intervido nun total de 111.900 metros cadrados, preto de 12 hectáreas, e realizado 66 actuacións entre talas, desbroces, execucións subsidiarias de limpeza de fincas, prevención e mantemento de zonas forestais e incendios forestais.

O porriñés Diego Giráldez finalista do premio de xornalismo ‘Fernández del Riego’

O escritor e xornalista porriñés Diego Giráldez é un dos tres finalistas con posibilidades de gañar un dos premios de xornalismo máis importantes de Galicia, o Fernández del Riego, que convoca Afundación e que este ano cumpre a súa décimo séptima edición. O artigo 'A cardiopatía de Xulia', publicado no diario dixital Praza Pública o pasado ano, serviulle a Giráldez para entrar na terna de finalistas xunto a Míriam Ferradáns e Cristina Pato.