Xoves, 3 Xullo de 2025

A Louriña

Mos mellora a seguridade viaria en Tameiga, Torroso e Cela e acondiciona o paseo do Louro, na Pesqueira, co investimento dun millón de euros...

A Deputación está a investir un millón de euros na mellora da seguridade viaria nas parroquias de Tameiga, Torroso e Cela e o acondicionamento do paseo do Louro, na zona do parque da Pesqueira, en Mos. As dúas actuacións, encadradas dentro do Plan Concellos, foron visitadas hoxe pola deputada de Igualdade e Cultura, Victoria Alonso, e o deputado de Réxime Interior e Facenda, Carlos Font, acompañados da alcaldesa, Nidia Arévalo e o concelleiro de Obras.

A Xunta colabora con Concello de Mos na adquisición dun novo vehículo destinado ás labores ambientais da Policía Local

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, puido ver esta mañá acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o Xefe da Policía Local, Gerardo Álvarez, o novo vehículo da Policía Local do Concello de Mos co que poder levar a cabo as súas funcións relacionadas coa preservación do medio ambiente.

Detido un veciño do Porriño por violencia de xénero

Policía Local e Garda Civil detiveron a un home de 51 anos, veciño do Porriño, por presunto delito de violencia de xénero. A vítima, a súa muller de 53 anos, presentaba un forte golpe na cabeza e ingresou no Hospital Alvaro Cunqueiro, en Vigo cun traumatismo cranial.

Salceda licita os diferentes seguros municipais

O Concello de Salceda de Caselas ven de licitar os diferentes seguros municipais por un importe de 50.788,82 €, o que supón un aforro para as contas municipais de máis de 12.000 € anuais.

A alcaldesa obrigada a gardar corentena pola aparición dun positivo entre o persoal de confianza

A aparición dun positivo por Covid-19, aínda que asintomático, entre o persoal de confianza da Alcaldía do Porriño, obriga á propia alcaldesa, Eva García, e a outras persoas do seu equipo, a gardar corentena durante dez días, segundo establecen os protocolos.

Mos estrea un novo portal dixital de emprego da Axencia de Colocación

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, informaron da creación do novo portal de emprego da Axencia de Colocación de Mos.

A Xunta inviste na conservación do patrimonio galego e na modernización de inmobles históricos con potencial turístico en Mos

A Xunta aposta por poñer en valor o patrimonio da comunidade e considera unha obriga a súa conservación, sobre todo cando ese legado é tamén un valor estratéxico na economía galega, como é o caso do Pazo de Mos no que a Administración autonómica vén de investir 25.000 euros para o acondicionamento eléctrico do inmoble.

Evacuadas nai e filla con síntomas de intoxicación por inhalación de gases no Porriño

Os servizos sanitarios trasladaron a pasada medianoite a unha muller e a súa filla que presentaban síntomas de intoxicación por inhalación de gas ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O Concello do Porriño creou un Servizo de Asesoramento a Emprendedores

O Concello do Porriño anuncia que puxo en marcha o Servizo de Asesoramento ao Emprendemento que comezará a funcionar a partir do vindeiro luns 18. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Emprego dirixida por David Alonso, con financiamento municipal e coa contribución da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego.

Reparado un tramo da estrada principal do Polígono das Gándaras

A alcaldesa, Eva García, informou hoxe que o Concello do Porriño está a planificar e desenvolver nestes primeiros días de 2021, unha serie de obras de mellora das infraestruturas viarias nos polígonos industriais.

Mos continúa co seu plan de mellora de parques renovando os elementos de 4 áreas de lecer infantil

O Concello de Mos ven de recibir o material para proceder á renovación dos elementos de xogo en catro parques infantís municipais. Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Parques e Xardíns e Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Baldomero Lorenzo.

As Meninas, Campioas Galegas Danza Coreográfica

O grupo As Meninas de Patricia Martínez, xunto coa propia Patricia, foron recibidas onte pola tarde na Praza do Concello pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Cultura, Turismo e Igualdade, Sara Cebreiro, para felicitalas polo título de Campioas Galegas de Danza Coreográfica acadado o pasado mes de decembro.