Martes, 1 Xullo de 2025

A Louriña

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño pon toda Galicia na man dos e das turistas

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño repite experiencia este ano na edición máis atípica da Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR, que continúa sendo un escaparate incrible para visibilizar un territorio composto por 14 concellos que aúnan esforzos para ofrecer ao público produtos turísticos de calidade baseados nos seus recursos, identidade e tradición.

Concedida a licencia de obras para a nova gardería en A Granxa

A empresa que vai xestionar a futura escola infantil no Polígono Industrial A Granxa dispón de licenza municipal do Concello do Porriño para executar as obras de acondicionamento do local cedido pola Zona Franca.

Comezan no Porriño as visitas guiadas teatralizadas pola vida e obra de Antonio Palacios

O Concello do Porriño anuncia o comezo das visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios coa ocasión do 75 aniversario do falecemento do excepcional arquitecto porriñés.

Comeza en Mosende o “Ciclo de Música Medieval en Camiño”

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, vai desenvolver un ciclo de concertos de música medieval a realizárense nas igrexas e capelas das parroquias e barrios do termo municipal.

Mos sela a colaboración coa Asociación Galega de Familias de Acollida

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Asociación Galega de Familias de Acollida “ACOUGO”, Rebeca Pereira Ferrón, asinaron, no salón de sesión do Concello, un convenio de colaboración mutua entre ambas entidades.

Regresa ao Pazo de Mos o festival infantil Musicando no Canto Conto

As Maimiñas, Mai e Miña, Lucía Lago e Irene Álvarez, presentaron esta mañá no Concello de Mos xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Política Social e Igualdade e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, unha nova edición do Festival Infantil Musicando no Canto Conto.

Un prestixioso premio de arquitectura máis podería recaer en Mos

O Concello de Mos celebra incorporar un proxecto mosense máis, candidato a un prestixioso premio de arquitectura. Chega agora o recoñecemento á Cidade Deportiva Afouteza, finalista da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo.

Adif inicia as catas xeotécnicas para a redacción do proxecto de supresión do paso a nivel do Porriño

Adif iniciou as catas sobre o terreo para a redacción do estudo xeotécnico, estudo de alternativas, proxecto básico e proxecto de construción para a supresión do paso a nivel do Porriño, na liña de ancho convencional Monforte de Lemos-Vigo.

A Concellería de Cultura do Porriño ofrece o préstamo do piano de cola do Centro Cultural Municipal

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, ofrece un novo servizo, o préstamo do piano de cola situado no vestíbulo do Centro Cultural Municipal, para ensaios de estudantes de música, opositores ou profesionais do campo musical.

Beatriz Cabaleiro presenta o seu primeiro libro no Pazo de Mos

O Pazo de Mos acolleu un novo acto de presentación incluído no ciclo ‘Mos coa lectura’ organizado polo Concello de Mos. A autora protagonista foi Beatriz Cabaleiro, que presentou a súa ópera prima literiaria: ‘Clover, unha porquiña diferente’, que conta con ilustracións de Blanca Millán.

O Concello de Mos organiza nos colexios un obradoiro de poesía homenaxe a Xela Arias

O alumnado de 6º curso de Primaria dos colexios mosenses de Petelos e Atín recibiu onte un obradoiro de poesía en homenaxe a Xela Arias organizado polo Concello de Mos, concretamente pola concellería de Educación que dirixe a edil Julia Loureiro.

O Programa Integrado de Emprego de Mos acada o 45% de inserción na metade da súa duración total

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvementoe Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, reuníronse coas técnicos do Programa Integrado de Emprego nunha xuntanza de avaliación dos resultados obtidos polo programa ata o de agora e de programación das próximas accións a levar a cabo desde o mesmo.