8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosO Programa Integrado de Emprego de Mos acada o 45% de inserción...

    O Programa Integrado de Emprego de Mos acada o 45% de inserción na metade da súa duración total

    Desde o pasado novembro realizáronse un total de 22 accións formativas presenciais que suman 1.062 horas de duración. A formación online ascende xa a 2.270 horas

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvementoe Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, reuníronse coas técnicos do Programa Integrado de Emprego nunha xuntanza de avaliación dos resultados obtidos polo programa ata o de agora e de programación das próximas accións a levar a cabo desde o mesmo.

    Parece que a crise derivada da COVID-19 non frea a creación de emprego en Mos e o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos leva a data de hoxe acadada unha porcentaxe de inserción do 45% cando se atopa no seu ecuador, ao ter comezado o 9 de novembro do ano pasadado e rematar o 8 de novembro do presente 2021.

    A día de hoxe 45 dos 100 participantes do programa traballan ou traballaron desde o inicio e realizáronse xa un total de 22 accións formativas presenciais cun total de 1.062 horas.

    Actualmente estase cursando un curso dirixido á obtención do Certificado de Profesionalidade de Operacións Auxiliares do Almacén, que comezou o pasado 13 de abril e prolongarase ata o vindeiro 28 de xuño. A acción formativa, que consta dun total de 210 horas, entre teóricas e prácticas en empresa, está a ser impartida por FormaLar. Precisamente ata as instalacións do Colegio Lar para saudar aos alumnos/as deste curso achegáronse o pasado luns a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvementoe Empresarial, Emprego e Educación, Julia Loureiro. O curso iniciárono un total de 15 usuarios/as do PIE pero nestes intres continúan 11, ao terse insertado laboralmente os 4 restantes, ou ben con contrato xa definitivo ou ben en prácticas en diferentes empresas colaboradoras do Programa Integrado mosense.

    Este curso é presencial e próximamente, concretamente o día 18 do presente mes de maio, empezará outro curso de Actividades Auxiliares de Almacén online. Á súa vez 28 usuarios están a realizar 2.270 horas de formación online e hai unha previsión de poder realizar outras 2.151 horas.

    16 usuarios están realizando prácticas en empresas de diferentes sectores (industria, automoción e servizos).

    Durante os meses de abril e maio 6 dos alumnos que realizaron o curso de Programación de robots industriais de 40 horas de duración , impartido pola empresa ubicada en Mos UNIMATE ROBÓTICA comezaron un periodo de prácticas no departamento de mantemento da empresa BENTELER AUTOMOTIVE VIGO nas plantas ubicadas en Mos e Valadares. Durante dúas semanas poderán consolidar os coñecementos aprendidos durante o curso e demostrar o seu interese e motivación pola robótica industrial.

    Unha das persoas que xa rematou as devanditas prácticas incorporouse a traballar na pranta de Valadares.

    “Deste xeito demostrase que o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos continúa co seu labor de mellora de competencias e asesoramento na busca activa de emprego a persoas desempregadas do municipio, que reciben tanto formación como sesións de orientación laboral persoalizada”, declararon as representantes municipais Arévalo e Loureiro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.