Os concelleiros, David Alonso, de Emprego e Novas Tecnoloxías, e Sergio Casal, de Comercio, apadriñaron a presentación da plataforma “ROOMBO” de reparto a domicilio que leva funcionando semana e media no Porriño.
Eva García de la Torre solicitou que Madrid "honre debidamente ao noso arquitecto Antonio Palacios, que deixou unha obra tan destacada nesta capital, coa concesión do nome dunha rúa sobranceira da cidade". A alcaldesa do Porriño fixo esta petición o serán de onte no Círculo de Belas Artes de Madrid e ante un auditorio ateigado de público que asístía a presentación do libro de Álvaro Bonet Trazar la mirada. Cuaderno de viaje de Antonio Palacios.
O tribunal de avaliación formado por técnicas municipais e presidido polo concelleiro de Emprego, David Alonso, resolveu hoxe o primeiro lote de axudas económicas directas outorgadas polo Concello do Porriño a establecementos de hostalería, comercio e autónomos que as solicitaron polo impacto dos peches derivados da pandemia.
O Xulgado do Contencioso-administrativo número 3 de Pontevedra acolleu o recurso interposto pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga e revogou a licenza de obras concedida en outubro de 2019 polo Concello de Mos ao Real Club Celta de Vigo para a construción de vestiarios.
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu esta mañá o acto de entrega dos novos carnés de voluntarios a integrantes das Agrupacións de Protección Civil dos municipios de Moaña, Redondela, O Porriño e Soutomaior nun acto celebrado na explanada exterior do edificio administrativo.
A concellaría de Urbanismo do Concello do Porriño, dirixida polo nacionalista Pedro Pereira, vén de chegar a un acordo para a compra de 20.000 m2 de terreo na contorna do río destinados a crear unha gran zona verde no Porriño. Con esta iniciativa o BNG porriñés mantén a súa aposta polo incremento das zonas verdes, algo que forma parte do modelo de vila que sempre defendeu a formación nacionalista.
Coa participación de 150 corredores dos mellores equipos ciclistas das categorías elite e sub-23 tanto de Galicia como do resto do Estado, O Porriño vai recuperar sitio no ciclismo nacional coa celebración do Gran Premio Concello do Porriño que terá lugar o vindeiro domingo 6 de xuño.
O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do imposto de bens inmobles (IBI) marcando o tipo nun 0,40%, no lugar do 0,50% existente ata o de agora.
Movemento Salceda e PsdeG-PSOE ofreceron onte unha rolda de prensa conxunta para anunciar o cambio na alcaldía de Salceda de Caselas, relevo que se fará efectivo o vindeiro día 15 xuño, aos dous anos exactos de mandato.
A Concellería de Cultura informa que mañá 3 de xuño formalizarase a sinatura da carta de adhesión da Biblioteca Municipal do Porriño ao manifesto “Bibliotecas en igualdade”.
A alcaldesa do Porriño, Eva Garcia, comprobou o resultado das obras de arranxo das pistas de tenis do Polideportivo Municipal. A rexedora compartiu a visita co concelleiro de Deportes, David Alonso e co presidente do Club de Tenis Porriño, Agustín Doval.
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.