Nove comunidades de augas de consumo acadaron subvencións do Concello do Porriño para realizar control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante este ano 2020.
As nove comunidades de augas beneficiadas son: Cerquido; Rozadas-Eirís; Atios; Torneiros; San Jorge-Mosende; Chenlo; Carracido; Budiño-Cruz e Cans.
Un total de 100 denuncias por non facer uso das máscaras de protección formularon onte axentes da Policía Local do Porriño mediante un operativo despregado en todas as entradas e saídas por estrada do termo municipal.
Este ano 2020, dadas as extraordinarias circunstancias acontecidas, a Concellería de Deportes que dirixe David Alonso tomou a decisión de manter aberta a Piscina Municipal tamén durante o mes de agosto, agás sábados e domingos. Polo tanto, a Piscina volverá abrir o vindeiro luns 3 de agosto.
O Concello do Porriño e a Entidade Urbanística de A Granxa mantiveron unha primeira reunión para establecer como acometerán a reposición e reparación da rede contra incendios do polígono industrial que tén unha lonxitude de 5 quilómetros. Trátase de cambiar pezas nas acometidas ás naves, así como revisar o estado de bombas de achique, galerías de servizos e alumeado.
A Consellería de Sanidade informou esta mañá ao Concello do Porriño da existencia dun brote de Covid-19 con media ducía de positivos. Dende a Consellería comunicaron telefónicamente coa alcaldesa Eva García á que informaron que o brote está localizado no centro da vila.
A Concellería de Cultura e Festas anuncia para o vindeiro sábado 25 de xullo, a celebración do “Primeiro Encontro de Músicas Ibéricas” que terá lugar no Torreiro da Guía, en Atios, a partir das 22 horas, cun aforo limitado a 100 espectadores.
O Concello do Porriño informa que este mércores día 22 realizarase a obra de mellora da pavimentación da rotonda das Gándaras que afectará ao tráfico rodado do acceso sur aos polígonos industriais de As Gándaras e A Granxa.
A Concellería de Cultura e Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) informan da ampliación do prazo para participar na “Batalla de Debuxantes Improvisdado”, convocada polo Concello do Porriño.
A catro días da cita coas urnas, o cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, afirmou hoxe en O Porriño que o vindeiro domingo hai que concentrar o voto das persoas que queren cambio en Galiza porque “canto máis BNG, menos PP”. Bará subliñou que lograr un tempo novo “está ao alcance da man” tendo en conta o ambiente e a ilusión que se está a notar na campaña electoral arredor da formación nacionalista.
O Grupo Municipal de EU Son do Porriño–Son en Común pediu no Pleno do martes 30 de xuño, a dimisión da actual alcadesa ao considerar a formación asamblearia "que ten que asumir a súa responsabilidade na pésima xestión dos cartos públicos e das contratacións no Concello do Porriño".
O portavoz do PP do Porriño, Alejandro Lorenzo, denunciou o estado dos viais e camiños municipais "invadidos pola maleza" e que, sinala o concelleiro popular, "supoñen en moitos casos un evidente risco para a seguridade de peóns e condutores e agrava o perigo de incendio ás portas da tempada de alto risco". Esta situación, di Lorenzo "está a desatar aluvións de reclamacións dos veciños e veciñas do rural porriñés que demandan a inmediata intervención do Concello".
Esta semana comezaron as obras de pavimentación do camiño da Vacaría, en Budiño, acometidas polo Concello do Porriño, por iniciativa da Concellería de Urbanismo que dirixe Pedro Pereira.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.