“Podemos felicitarnos todos de que o proxecto de soterramento do tren ao seu paso polo Porriño, coa eliminación dese paso a nivel anacrónico, vai ser moi cedo unha realidade”, afirmou hoxe o deputado Guillermo Meijón nunha reunión de traballo coa alcaldesa e concelleiros do goberno municipal.
O almacén do Banco de Alimentos "SOS Porriño" recibirá esta tarde unha achega de 4.500 quilos de produtos non perecedoiros, grazas á doazón de 5.000 euros realizada por CaixaBank que canaliza unha axuda da "Fundación La Caixa".
Na última semana producíronse no Porriño 33 novos contaxios pola Covid, fronte aos 46 ocorridos na semana anterior "o que indica o ritmo de infectados descende e polo tanto supón unha boa nova para este concello", valorou Eva Garcia de la Torre.
A rexedora participou este mediodía na xuntanza telemática que mantivo o conselleiro de Sanidade cos alcaldes e alcaldesas dos concellos da área de Vigo en confinamento dende o pasado 7 de novembro.
A alcaldesa atribúe ese descenso "á mellora do comportamento da veciñanza no cumprimento dos protocolos anti-Covid".
A pesar dese descenso de novos casos, a cifra actual de infectados segue en 80, segundo comunicou o conselleiro Julio Garcia Comesaña que indicou á alcaldesa que tamén no Porriño se farán cribados entre sectores da poboación como se están a realizar noutros concellos da área.
A alcaldesa, Eva García expulsou ao voceiro municipal do PP, Alejandro Lorenzo da sesión telemática que celebraba no serán de onte a corporación local porriñesa. Segundo a versión da Alcaldía, o edil do Partido Popular, Alejandro Lorenzo, "foi reprendido e finalmente expulsado do pleno despois de interromper o debate en reiteradas ocasións". O PP, pola súa banda asegura que Lorenzo foi expulsado "por intentar exercer o seu dereito a que un punto da orde do día quedara sobre a mesa".
A exposición de fotografías “Todas as mulleres en todas as partes do mundo” na rúa peonil, un manifesto da corporación municipal e o alumeado en cor violeta da casa consistorial, serán os actos principais no Porriño coa ocasión do 25 N, Día Internacional contra a violencia machista.
Con moito traballo para o Clube XSM de Marín e incertidumbre para conseguir sacar a diante a primeira proba da Copa Galicia de Ciclocrós, cun escenario cambiante debido a pandemia que obriga case a diario adaptar os protocolos Covid-19 para conseguir manter en marcha as escolas coas maiores garantías posibles.
O Concello do Porriño solicitou á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, unha mellora das deficiencias estruturais que presenta o inmoble do Albergue de Peregrinos. David Alonso, concelleiro de Turismo entrevistouse en Santiago con Ildefonso de la Campa, director da S.A. do Plan Xacobeo.
Daniel Rodríguez, Inspector Xefe e os Oficiais, Antonio Pereira Nandín e Adolfo Suarez Piñeiro, e os axentes Benjamín Blanco, Francisco Javier Rodríguez, Sergio García e Brais Roca, todos eles membros da Policía Local do Porriño naquel intre recibirán a Medalla ao Mérito Policial en recoñecemento pola súa intervención nun acto de servizo.
O primeiro tenente de alcalde do Porriño, Pedro Pereira trasladou onte a unha representación veciñal da Vaquería a impresión de que o goberno municipal “está parcialmente satisfeito” co resultado da reunión que onte mantivera con Francisco Menéndez, director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas para tratar do proxecto da variante.
A alcaldesa do Porriño e presidenta do Consorcio de Augas do Louro, Eva García de la Torre, asegurou estar “sorprendida” polo anuncio da alcaldesa de Mos de que estea a buscar apoios no Consorcio para axudar á hostalaría. Eva Gardía sinalou que “sendo eu a presidenta do Consorcio, ninguén de Mos, púxose en contacto comigo para suxerir medidas para axudar aos hostaleiros o que, por un sinxelo principio de cortesía institucional, debería telo feito antes de acudir á prensa”.
O Porriño continúa a ser un dos concellos en alerta vermella por incidencia acumulada de contaxios na área sanitaria de Vigo xa que “a situación segue a ser grave”, segundo valorou a alcaldesa Eva García. Actualmente hai no Porriño 80 infectados confirmados pola Covid-19 e 254 persoas máis que están illadas como contactos estreitos en seguimento.
Un primeiro lote de axudas económicas directas por un importe aproximado de 50.000 € adxudicáronse hoxe polo Concello a autónomos, pequenas e medianas empresas e micro empresas do Porriño que solicitaron acollerse á convocatoria realizada pola administración municipal.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.