9.6 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoRebaixa no ritmo de contaxios no Porriño segundo os datos trasladados polo...

    Rebaixa no ritmo de contaxios no Porriño segundo os datos trasladados polo Conselleiro de Sanidade na reunión de hoxe

    Na última semana producíronse no Porriño 33 novos contaxios pola Covid-19, fronte aos 46 ocorridos na semana anterior “o que indica o ritmo de infectados descende e polo tanto supón unha boa nova para este concello”, valorou Eva Garcia de la Torre.

    A rexedora participou este mediodía na xuntanza telemática que mantivo o conselleiro de Sanidade cos alcaldes e alcaldesas dos concellos da área de Vigo en confinamento dende o pasado 7 de novembro.

    A alcaldesa atribúe ese descenso “á mellora do comportamento da veciñanza no cumprimento dos protocolos anti-Covid”. A pesar dese descenso de novos casos, a cifra actual de infectados segue en 80, segundo comunicou o conselleiro Julio Garcia Comesaña que indicou á alcaldesa que tamén no Porriño se farán cribados entre sectores da poboación como se están a realizar noutros concellos da área.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.