Martes, 1 Xullo de 2025

Mos

A Xunta elimina un punto de verquido de augas residuais no concello de Mos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un vertido de augas residuais procedente dunha instalación empresarial do concello de Mos.

Mos reforza a súa aposta polo Medio Ambiente

A concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura Méndez, informou de que o vindeiro luns aprobarase en Pleno unha Modificación da Ordenanza de Medio Ambiente en materia de recollida de lixo para regular o horario do depósito de desperdicios nos contedores por parte da veciñanza, en aras de evitar acumulación e xeración de malos olores.

Biblioteca inclusiva en Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, conmemoraron, con usuarias do centro EVD Galicia sito na parroquia mosense de Petelos, o Día Internacional das Bibliotecas.

Mos celebra a XXIII Festa do Codillo esta fin de semana

Esta fin de semana pasada celebrouse a presentación da XXIII Festa do Codillo, que tivo lugar no Pazo de Mos.

Mos presenta un “orzamento responsable” que ascende a 13 millóns de euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, vén de pechar o orzamento municipal para o vindeiro ano 2024. Fíxoo nunha reunión co departamento de Intervención e coa concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e o segundo tenente de alcaldesa e edil de Coordinación Xeral e Bo Goberno, e Contratación, Leo Costas.

A Xunta destinará 100 millóns de euros cada ano para o programa de Servizo de Axuda no Fogar

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou que a Xunta de Galicia destinará 100 millóns de euros ao ano para axudar a todas as persoas dependentes que son coidadas nos seus fogares.

O Doutor Gonzalo de Castro falou sobre cancro de mama en Mos con motivo do Día Internacional

O Concello de Mos e AECC Mos organizaron a conferencia titulada ‘FaleMOS sobre cancro de mama’ a cargo do Doutor Gonzalo de Castro, ciruxano de mama e membro da Unidade de Mama da Área Sanitaria de Vigo que se celebrou esta tarde con motivo do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama e na que expuxo as claves para a prevención e sensibilización.

Mos adquire 10 chalecos antibalas para a súa Policía Local

O Concello de Mos vén de adquirir para a súa Policía Local un total de 10 chalecos antibalas SIOEN modelo ITEPOL FLEX con funda exterior, protector de cremalleira, e galoneiras de ombreiro.

Os empresarios de Mos impulsan a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero

Tras sete anos de experiencia na execución de programas de inserción laboral especialmente dirixidos a mulleres vítimas de violencia de xénero, Aemos presentou a primeira empresa de inserción laboral para este colectivo.

A gran festa micolóxica mosense consolídase e chega á súa décimo novena edición

Onte pola noite celebrouse no Pazo de Mos a presentación das XIX Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos que conta co apoio e colaboración da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.

RCP nas aulas de Mos con motivo do Día Mundial

O 16 de outubro celebrouse o Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP), para divulgar a importancia de aplicar a técnica de reanimación cardiopulmonar para salvar vidas, en caso de ocorrer unha emerxencia.

Escola Segunda Oportunidade en Mos para a preparación das probas da ESO

Desde a Concellería de Emprego, que dirixe a edil Julia Loureio, infórmase de que na Axencia de Colocación do Concello de Mos impartirase unha nova edición da Escola de Segunda Oportunidade para a preparación das probas libres da ESO.