A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e o presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, acompañaron na tarde de onte á cantante Andrea Pousa na presentación do terceiro e último videoclip da súa 'Triloxía Meiga', que foi rodado no Pazo de Mos e leva por título Alalá Meigo. No acto de presentación estiveron tamén presentes os productores audiovisuais do proxecto, Fran Cortizo e o mosense Alberto Cortés, de OCO Visual Media.
Deste xeito xa son 90 as parcelas adxudicadas no PEMOS-Veigadaña, quedando tan só 6 pendentes de venda. Sendo do 94% a porcentaxe de parcelas ocupadas no polígono mosense e do 6% a de parcelas pendentes de adxudicar.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, informaron hoxe de que se atopa prácticamente rematada a segunda fase da mellora do Colexio de Atín para optimizar o illamento térmico do centro.
Hoxe comezaron a repartirse, na sede de Mos Axuda, sita en Puxeiros, os lotes de alimentos e tarxetas agasallo para compra de alimento fresco en supermercados da Campaña Mos Axuda no Nadal entre as 99 familias mosenses beneficiarias das mesmas.
Fai uns meses anunciábase desde o Concello de Mos unha medida de aforro consistente en sacar a concurso público a contratación de todos os servizos e subministros municipais. Este procedemento xa se atopa rematado e permite no novo orzamento municipal para 2021 un aforro do 40% en gasto corrente.
Chegou o momento de que Mos teña que pensar nunha nova Casa Consistorial xa que os traballadores/as municipais atópanse distrubuídos en 8 edificios pola falla de espazo, o que provoca a incomodidade tanto do funcionariado como da veciñanza que acode a facer xestións.
O pasado domingo, 13 de decembro, celebrouse o XIX Trofeo de Baile Deportivo Concello de Narón que comprendía o Campionato Galego de Danza Coreográfica e Campionato Galego de Modalidade Estandard.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso, visitaron onte as obras de acometida da rede de saneamento no Camiño do Monte de Pardellas na parroquia de Cela. Estes traballos lévanse a cabo a través do Plan Concellos e mediante os mesmos instálanse un total de 467,97 metros de tubería e darase servizo a 18 vivendas e 72 habitantes.
O tribunal supremo do contencioso administrativo da por finalizado o pleito do recurso de casación preparado pola entidade Fonte da Portela (unha das comunidade de propietarios das naves situadas no polígono do Rebullón).
O persoal da Axencia de colocación atópase a disposición do todolos hosteleiros/as que precisen axuda para realizar estes trámites. Ante a situación de crise actual provocada pola pandemia da Covid-19, o tecido empresarial do noso municipio e dos municipios limítrofes reséntese de forma alarmante, e o sector hostelero, é un dos máis perxudicados nestes momentos.
Coa chegada do Nadal chega tamén a Mos o concurso infantil de postais para nenos de 3 a 12 anos de idade. Entrarán en concurso todas as creacións entregadas ata o día 22 de decembro na Biblioteca Municipal. O certame componse de tres categorías e cada unha delas terá un premio que constará dun vale para libros e material escolar máis un diploma.
O goberno de Mos segue coa a súa política fiscal, iniciada hai oito anos, tendente a non incrementar a presión fiscal da cidadanía. As cotas que se pagan polos tributos municipais son as mesma dende hai case unha década. Este ano, o goberno tivo moi en conta a situación de crise económica que se está a vivir por mor da Covid-19, e decidiu non modificar os impostos locais de tal xeito que non se aumentasen ningún dos tributos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.