Martes, 1 Xullo de 2025

Mos

Chega o concerto de SÉS ás festas do patrón de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, membros do equipo de goberno local mosense e representantes da Comunidade de Montes, do Centro Cultural e da Comisión de festas de San Mamede, presentaron a programación cultural das festas do patrón que terán lugar os días 6 e 7 de agosto.

Recepción do Club Natación Mos

Coincidindo co Campionato Galego Infantil de Verán disputado a pasada fin de semana no que o Club Natacion Mos acadou varios récords absolutos por parte dos seus deportistas.

Mos orgulloso dos seus equipos de fútbol

A corporación mosense mostrou o seu orgullo na recepción aos futbolistas locais que tivo lugar onte ás 12:00 h no Multiusos das Pozas.

Medio Ambiente adxudica as obras de mellora da contorna da Igrexa de Torroso en Mos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar por un importe de 315.000 euros as obras de mellora da contorna da igrexa de Torroso, no municipio de Mos, cun período de execución previsto de nove meses.

O Programa Integrado de Emprego de Mos organiza unha exitosa mesa de comercio

Onte tivo lugar no Multiusos das Pozas de Mos, unha mesa do sector do comercio, organizada polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos.

O Concello de Mos pon en marcha 5 andainas medioambientais polos montes do municipio

A primeira será este domingo 27 de xuño en Louredo, con saída desde á aldea Alfacuca en San Antoiño, e regreso ao mesmo punto.

A Deputación aprobará novas achegas para Tui, Salceda, Mos e Ponteareas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra dará o visto bo este venres a recursos por máis de 1,8 millóns de euros para outros nove municipios da provincia ao abeiro das liñas 1 e 2 do Plan Concellos 2021.

Último asfaltado do Plan Municipal de Mellora de Camiños en Mos

A falla únicamente da sinalización horizontal, mediante pintado, nos 5 camiños, onte iniciouse o último dos asfaltados incluídos no Plan Municipal de Mellora da Pavimentación en Camiños do concello de Mos.

A bandeira multicolor loce en bancos das zonas máis concorridas de Mos para conmemorar o Día do Orgullo

Os concelleiros Leo Costas e Sara Cebreiro presentaron hoxe as iniciativas municipais para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI+ que se celebra o vindeiro luns 28 de maio. Fixérono nas Angustias, Sanguiñeda, onde se atopa un dos varios bancos coa bandeira multicolor, pintados estes días na localidade mosense, de xeito conmemorativo con motivo da devandita data.

Infancia e maiores do proxecto ‘Atinando Recordos’ de Mos, coñécense en persoa logo dun ano carteándose

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, as concelleiras mosenses de Educación e Política Social, Julia Loureiro e Sara Cebreiro, respectivamente, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, xunto coa coordinadora do Centro de Día de Mos e deste proxecto, Diana Rodríguez, en representación da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, asistiron esta onte ao acto celebrado no Centro Dotacional de Torroso de encontro entre os participantes do proxecto 'Atinando Recordos'.

Reapertura das instalacións de verán en Mos

Este sábado 19 de xuño Mos reabrirá, con motivo do inicio da tempada estival, dos Parques da Auga da Pesqueira e Sanguiñeda, que estarán en funcionamento todos os días no seguinte horario: de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.

Unha sentida homenaxe á cadea humana da Covid-19 protagonizou o acto institucional do Día da Rosa en Mos

A Praza do Concello de Mos acolleu o acto institucional do Día da Rosa, único evento celebrado dentro da Festa da Rosa 2021, suspendida polo nivel máximo de incidencia da Covid-19 que recentemente afectou ao municipio mosense.