17.6 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosUnha sentida homenaxe á cadea humana da Covid-19 protagonizou o acto institucional...

    Unha sentida homenaxe á cadea humana da Covid-19 protagonizou o acto institucional do Día da Rosa en Mos

    Óscar Pereiro e Javiér Guillén protagonizaron un Pregón moi emotivo, entrañable e divertido

    A Praza do Concello de Mos acolleu o acto institucional do Día da Rosa, único evento celebrado dentro da Festa da Rosa 2021, suspendida polo nivel máximo de incidencia da Covid-19 que recentemente afectou ao municipio mosense.

    O acto comezaba ás 11.30 h da mañá de onte co fallo do concurso de rosas on line ‘As Nosas Rosas’. No concurso participaron un total de 270 fotografías, resultando gañador un holandés veciño de Moaña, John Van Schilt.

    Os vencedores, premiados con vales para consumir en locais de hostalería mosense e cun kit de xardinería (xentileza de Leroy Merlin Mos), foron os seguintes:

    Gañadores do concurso:

    • 1º premio – John van Schilt coa fotografía “Reflejo. Echar sombras en tela”.  Petelos. 
    • 2º premio – Sara Cabaleiro coa fotografía “Regamos e florecemos”. Peirixo.
    • 3º premio – Nerea Pereira González coa fotografía “Stop and smell the Roses”. Tameiga

    O xurado do concurso estivo integrado por:

    • Iñaki Prieto Lorenzo (fotógrafo).
    • Maria Santorio Míguez (fotógrafa).
    • Noelia Sías Villaverde (florista Floristería Lola).
    • Xabier González Rodríguez (Viveiros Adoa xardinería).

    Tras o fallo do concurso, ás 12.00 h, celebrouse unha misa cantada polo coro da Escola de Música de Mos na honra dos falecidos pola Covid-19.

    Unha vez rematada a Misa, chegaba o Pregón, precedido da actuación do cuarteto de Arpas da Escola de Música de Mos e da intervención da Concelleira de Cultura, Sara Cebreiro.

    Os pregoeiros, Óscar Pereiro e Javier Guillén, tiveron palabras moi emotivas facendo referencia á pandemia e a todas as persoas que tanto sufriron durante esta crise sanitaria da Covid-19; e tamén palabras divertidas sobre a preparación conxunta da etapa 20 de La Vuelta 21 (da que Guillén é director) que terá meta en Mos, no Castro de Herville. A penúltima etapa de La Vuelta Ciclista a España 2021, Sanxenxo-Mos, foi íntegramente deseñada polo mosense Óscar Pereiro e dela sairá, case con total seguridade, o gañador da competición raíña do ciclismo no noso país.

    Logo do Pregón chegaron o discurso da alcaldesa, Nidia Arévalo, e a homenaxe á cadea Covid, de sectores e colectivos imprescindibles e afectados pola pandemia, encabezados polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en representación, xunto coa doutora do Centro de Saúde de Mos, Begoña Porritt, do sector sanitario.

    A homenaxe á gran cadea humana mosense da Covid-19 fíxose en honra:

    Aos imprescindibles

    • Sanitarios
    • Farmacias
    • Protección Civil e Servizo Municipal Emerxencias
    • Mos Axuda
    • SAF (Servizo de Axuda no Fogar)
    • Policía Local
    • Guarda Civil
    • Traballadores municipais
    • Servizos municipais
    • Establecementos de alimentación, tendas, supermercados, panaderías, estancos…

    Aos afectados

    • Á xente moza
    • Aos maiores
    • Persoas con discapacidade
    • Residencias
    • Hostaleiros
    • Transporte de viaxeiros
    • Taxistas
    • Ximnasios
    • Perruquerías e salóns de beleza
    • Ensino
    • Cultura e deporte
    • Atraccións e ocio

    Tras a merecida homenaxe a estes colectivos chegou o discurso do conselleiro, Julio García Comesaña, gran amante do ciclismo que ademáis recibiu de mans de Óscar Pereiro e Javier Guillén o maillot de Mos e o maillot oficial de La Vuelta.

    O acto rematou ás 14.30 horas co gaiteiro mosense Xulio Lorenzo interpretando os Himnos de Mos (da súa autoría) e de Galicia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.