Sábado, 3 Maio de 2025

Tui

O Club Andatui organiza unha saída para percorrer o Canón do río Mao

O vindeiro sábado, 23 de novembro, o Club Andatui organiza unha nova saída para percorrer a que é, posiblemente, unha das rutas máis botindas da Ribeira Sacra ourensá: o Canón do río Mao.

Un cento de persoas desempregadas participarán no novo Programa Integrado de Emprego de Tui

Un centenar de persoas desempregadas de Tui poderán beneficiarse do Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui, que a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia vén de conceder ao Concello de Tui cun investimento de 287.356,32 euros dos que o Concello deberá achegar 37.356,32 euros.

Charla informativa sobre a «Rede de Comercios no Camiño» en Tui

O próximo luns, 4 de novembro, ás 14 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, terá lugar unha charla informativa dirixida ao comercio local para informar da creación da Rede de Mercados e Comercios no Camiño. Trátase dun proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Comercio, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Tui solicita a colaboración cidadá para manter a cidade limpa

O Concello de Tui vén de poñer en marcha a campaña 'Na rúa coma na túa casa, Tui limpo é labor de todos', unha iniciatia que busca a colaboración cidadá para manter a cidade limpa dando cumprimento ao recollido na Ordenanza Municipal Reguladora do Ornato Público e Limpeza Viaria.

O programa de emprego clausurado en Tui, acadou unha inserción laboral do 68 %

Este mediodía tivo lugar no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, a Clausura do I Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui 'Tui Emprégate 2018-19' que se celebrou dende outubro do ano pasado. O acto contou coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

«Best Boy» e os viños de catro adegas pechan en Tui «Música e viño no teu camiño»

O Concello de Tui acolle este domingo o evento que pecha o programa 'Música e viño no teu camiño' promovido por Eu Rural e financiado por 'O teu Xacobeo'. A presentación desta actividade tivo lugar no mediodía de onte venres na casa do concello de Tui a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Sandra González, presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño; Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, e Ángel Sánchez, de Best Boy.

Unha «Ruta Literaria» pecha os actos do Día da Biblioteca de Tui

Mañá sábado, 26 de outubro, ás 17 h sairá do edificio 'Francisco Sánchez' sede da Biblioteca tudense unha Ruta Literaria coa que se pecha o programa de actos desenvolvido ao longo do mes para conmemorar o Día da Biblioteca. A ruta estará dirixida pola escritora Marga do Val e polo responsable do centro bibliotecario tudense, historiador e colaborador deste xornal, Rafael Sánchez Bargiela.

Nastasia Zürcher enche Tui de música no proxecto «Camiño A Dentro»

O proxecto da Deputación de Pontevedra, «Camiño A Dentro» segue debullando etapas e logo de achegar a música de percusión ao Porriño; o debuxo e a ilustración a Oia; o teatro á Guarda e a fotografía a Nigrán, encherá Tui de música da man de Nastasia Zürcher o sábado 19 de outubro, ás 18:30 horas na Praza de San Fernando, diante da Catedral.

Tui súmase á celebración das «I Xornadas Europeas do Camiño de Santiago»

O Concello de Tui súmase esta fin de semana á celebración das primeiras Xornadas Europeas do Camiño de Santiago promovidas pola Federación Europea dos Camiños de Santiago para resaltar o carácter integrador das rutas xacobeas. Unha iniciativa que promove a valorización do Camiño.

O local Amazonas de Tui acolle, o sábado, a Festa do Orgullo

Este sabado 19, o local Amazona de Tui, celebra a Festa do Orgullo, cunha serie de actividades durante toda a fin de semana. As actividades comezarán xa ás 20:00 horas do sábado coa charla coloquio sobre Identidade Sexual que correrá a cargo de «Pvlse Vigo» moderada por Daniel Pregal e Daniela Ledo.

A Biblioteca de Tui acolle o contacontos «A música da auga» do Bardo Abelardo

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle mañá xoves, 17 de outubro, ás 18 h o contacontos musical 'A música da auga' a cargo do Bardo Abelardo. Esta proposta vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos. A entrada é de balde até completar a capacidade do local. Esta actividade forma parte do programa organizado para conmemorar o Día da Biblioteca.

Andatui organiza unha andaina pola «Ecovía do Vez»

O club Andatui vén de organizar, para o vindeiro domingo 3 de novembro, unha saída ata a freguesía de Sistelo, en Arcos de Valdevez, para realizar un tramo da Ecovia do río Vez. A ruta, de 22 quilómetros, partirá dende a freguesía de Sistelo ata Arcos de Valdevez.