O Concello de Tui vén de adoptar novas medidas para garantir a atención á cidadanía e a continuidade da tramitación administrativa en todos os departamento no caso de detectarse positivos pola Covid-19 no persoal municipal.
Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e previr e conter a covid 19 ante situación de pandemia que estamos vivir o Concello de Tui establece unha serie de limitacións e recomendacións ante a celebración da festividade de Todos os Santos.
Os clubs deportivos e a comunidade escolar de Tui gozarán, antes do remate do ano, dunhas instalacións moi renovadas gracias ao investimento de case 150.000 euros por parte da Deputación de Pontevedra, que está a poñer ao día os Pavillóns Municipais Novo e Vello, situados na rúa do Canónigo Vilela. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde, Enrique Cabaleiro, visitaron unhas obras que mellorarán a funcionalidade de ámbolos dous recintos e que estaban a ser demandadas dende hai tempo.
A Policía Local de Tui conta dende hoxe cun vehículo 100 % eléctrico. Trátase dun Hyundai Kona cunha autonomía de 300 quilómetros. Foi adquirido polo Concello de Tui cargo ao Fondo de Compensación Ambiental financiado pola Xunta de Galicia. O investimento realizado ascende a 38.349,74 € incluíndo tanto o importe da adquisición do vehículo coma a instalación dun punto de recarga na nave municipal en Guillarei.
O Concello de Tui mantén a programación cultural do Teatro Municipal con todas as medidas de seguridade continuando co protocolo covid establecido e limitando a capacidade a 60 persoas por función segundo a nova normativa que entrou en vigor a pasada noite en Galicia.
A dor, a soidade e a terrible situación que está a provocar a pandemia entre as vítimas da violencia machista combínanse desde hoxe na fachada do Pavillón Novo de Tui onde xa se pode ver o mural que a artista urbana Nana elaborou ao abeiro do programa 'Mulleres en Acción. Violencia Zero' da Deputación de Pontevedra, ao que puxo o simbólico e significativo título de 'Queda na casa'.
Tui entrou esta mañá en alerta vermella por COVID 19 segundo o mapa da Xunta. Ante esta situación o Concello de Tui acordou o e peche das instalacións municipais de carácter deportivo e cultural, coa salvidade da Biblioteca e do Teatro, e dos pavillóns onde se celebren competicións federadas e actividades escolares.
O Concello de Tui aprobou a semana pasada novas axudas para vivendas da Área de Rehabilitación Integral de Tui, correspondentes á fase décimo terceira do convenio de axudas entre Concello, Fomento e IGVS.
O Concello de Tui comunica que as actividades programadas para esta semana pola Biblioteca Municipal de Tui para conmemorar o 50 aniversario da súa creación son adiadas, para unha nova data que se comunicará oportunamente.
A asociación de comerciantes de Tui, ACITUI, e de Milladoiro, Palmira Bulevar, suman sinerxías para promocionar o Camiño Portugués a Santiago ao ser a primeira localidade en Galicia desta ruta xacobea, e a derradeira antes de chegar a Santiago, respectivamente.
O Concello de Tui coa integración da Red de Juderías de España está traballando na promoción turística da nosa cidade ao abeiro do importante conxunto patrimonial relacionado coa presenza xudía na nosa cidade ao longo dos séculos. Pero este labor precisa complementarse con outras medidas que consigan incrementar o atractivo da nosa cidade en torno aos recursos xudeus ou sefardís.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.