10 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui pecha instalacións municipais de carácter cultural e deportivo ao entrar en...

    Tui pecha instalacións municipais de carácter cultural e deportivo ao entrar en alerta vermella pola Covid-19

    A medida non afecta á Biblioteca e nin ao Teatro Municipal

    Fonte: SERGAS Datos cartográficos: CNIG: Descargar los datos. Creado con Datawrapper

    Tui entrou esta mañá en alerta vermella por COVID 19 segundo o mapa da Xunta. Ante esta situación o Concello de Tui acordou o e peche das instalacións municipais de carácter deportivo e cultural, coa salvidade da Biblioteca e do Teatro, e dos pavillóns onde se celebren competicións federadas e actividades escolares. Mantéñense abertos os parques infantís, ao ser espazos ao aire libre que se desinfectan periodicamente, e mañá terá lugar o mercado semanal coas medidas de seguridade establecidas dende que retomou a actividade.

    Amais dende o Concello, tal e coma acordaban onte á tarde na Xunta de Voceiros, recomendan aos centros culturais privados, xestionados por asociacións, a suspensión de calquera tipo de actividade nos mesmos.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que “cómpre ser extremadamente cautos” xa máis aló do número concreto de casos positivos que hai neste momento, un total de 32, hai un número de veciños e veciñas de Tui en corentena.   Explicaba que a adopción destas medidas ten por obxectivo “restrinxir a mobilidade nos ámbitos de carácter público” agardando que “estas medidas axuden a paliar a gravidade da situación, porque é unha situación complicada que nos preocupa, e á que chegamos polo inicio de dous brotes nunha parroquia que foron desencadenando a situación na que nos atopamos agora”.

    Dende o Concello de Tui lémbrase amais as novas medidas impostas pola Xunta que entrarán en vigor esta medianoite coa limitación de reunións tanto públicas coma privadas a 5 persoas. A isto súmase tamén a limitación ao 50% dos aforos en establecementos de restauración, e a prohibición de consumo en barra. Por último o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reitera o chamamento á prudencia e responsabilidade de todos e cada un de nós, ante a situación que estamos a vivir.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.