18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiDobre proposta teatral con Redrum e Galeatro esta semana no Teatro Municipal...

    Dobre proposta teatral con Redrum e Galeatro esta semana no Teatro Municipal de Tui co 60 localidades por función

    “Idiota” é a obra prevista hoxe venres 23 ás 21:30 h e “Carabela” mañá sábado 24 ás 18:30 h. As entradas están a venda en www.tui.gal

    O Concello de Tui mantén a programación cultural do Teatro Municipal con todas as medidas de seguridade continuando co protocolo covid establecido e limitando a capacidade a 60 persoas por función segundo a nova normativa que entrou en vigor a pasada noite en Galicia.

    A compra das localidade será preferentemente en liña a través de tui.gal, e cada entrada estará numerada. O acceso ao teatro farase seguindo as indicacións e sinalizacións establecidas no vestíbulo, con desinfección de mans na entrada e uso obrigatorio de máscara. A apertura de portas terá lugar unha hora antes do inicio do espectáculo.

    O Concello de Tui aposta por continuar coa programación cultural “Volvemos ao teatro” con todas as medidas de seguridade e apostando pola cultura segura.

    Así a proposta desta fin de semana comezará hoxe venres ás 21.30 h coa compañía Redrum representando a comedia “Idiota”. A obra escrita por Jordi Casanovas está dirixida Alex Sampayo e protagonizada por Machi Salgado e Susana Sampedro. Precisamente Machi Salgado recibiu o premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Teatro Galego de Carballiño, e foi nomeado na categoría de Mellor Actor Protagonista nos Premios María Casares.

    “Idiota” conta a historia dun home que se presenta a unhas probas psicolóxicas remuneradas coma un xeito sinxelo de conseguir cartos. Pero finalmente isto convértese nunha trampa xa que as preguntas e enigmas formulados por unha atractiva psicóloga póñeno nervioso obrigándoo a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace.

    Xa o sábado, ás 18.30 h o Galeatro presenta no Teatro Municipal de Tui “Carabela”. É unha proposta teatral para público familiar escrita por Paula Carballeira, dirixida por Davide González, que  forma parte do elenco xunto a Alba Bermúdez e Tone Martínez.

    “Carabela” é a historia da cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Alí constrúe unha nena de plástico para saír da soidade na que se atopa, rodeada de peixes mutantes, de paxaros choromicas e de verteduras que non alimentan. O corazón da nena de plástico comeza a latexar para coñecer que hai máis aló, e para axudar a Carabela a saír da illa.

    As entradas están á venda en www.tui.gal até unha hora antes de cada función ou o mesmo día da obra no despacho de billetes cunha hora de antelación.  No caso de “Idiota” as entradas teñen un prezo de 6€ e 5€, este último para público infantil e para as persoas que teñan dereito a algún dos descontos establecidos. Para “Carabela” as localidades teñen un prezo de 4€ e 3€. Lémbrase que o aforo para cada función está limitado a 60 persoas segundo se recolle na normativa que entrou en vigor esta pasada noite en Galicia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.